O Colexio Carrasqueira, un centro educativo global e plural

O CENTRO VIGUéS DISPóN DE VARIAS LIñAS DE TRANSPORTE, COMEDOR E AULA MATINAL PARA APOIAR A CONCILIACIóN FAMILIAR

O CEIP Carrasqueira é un centro educativo público que imparte os ciclos de Educación Infantil e Educación Primaria.

redacción vigo
Publicado: 06 nov 2013 - 13:06 Actualizado: 22 oct 2018 - 15:47
A aula de 2º curso de Educación Primaria.
A aula de 2º curso de Educación Primaria.

Situado na parroquia de Coruxo, na rúa Carrasqueira s, moi preto das praias de Samil e do Vao, acolle nenos de diferentes barrios da cidade viguesa. O centro conta cuns servizos complementarios que facilitan a conciliación da vida laboral e familiar coas necesidades educativas dos nenos. O Carrasqueira dispón de transporte escolar con varias liñas, comedor, aula matinal e diversas actividades extraescolares.

O centro conta tamén con servizo de comedor e orientación con coordinadora de Educación Infantil, coordinadoras de Educación Primaria, especialistas en Audición e Linguaxe e Psicoloxía Terapeútica e orientadora do centro.

O CEIP Carrasqueira dispón de aulas-espazos específicos de inglés, música, informática, encerado dixital, psicomotricidade, plástica-taller e biblioteca.

Dentro do seu proxecto educativo teñen especial relevancia aspectos tales como o pluralismo e os valores democráticos, o fomento da lectura, a coeducación, o traballo en equipo e o respecto pola natureza fomentando a súa conservación e rexeneración.

En relación có anterior e dentro da súa programación xeral anual destacan actividades como a elaboración do xornal escolar, a brigada verde, o traballo das competencias básicas a través de proxectos, xornadas de educación vial, implantación das novas tecnoloxías, e tódalas celebracións, Samaín, magosto, Nadal, Día da Paz, Día Internacional da Muller, entroido, Letras Galegas e festa de fin de curso, que ao longo do curso permiten abrir o centro a toda a comunidade educativa onde a convivencia entre nais, pais, familiares, alumnos e profesores permíten un maior coñecemento e cercanía axudando todo elo ao mellor funcionamento do centro.

A A.N.P.A está moi implicada na vida do centro colaborando nas festas e celebracións que se desenvolven ao longo do curso e organizando actividades extra-escolares tales como música, futbito e patinaxe, variando algunhas das actividades co,plementarias cada ano, Ao longo do curso os alumnos realizan diferentes saídas extra-escolares para fortalecer o seu coñecemento cultural en actividades organizadas por diferentes financieras e outras institucións coma o Comcello de Vigo e o propio centro.

En resumo, o CEIP Carrasqueira trata de facer que o alumnado acade un coñecemento global da realidade o máis preciso posible para que alá onde vaian atopen sempre recursos suficientes para desenvolverse eficazmente e con normalidade.

Tratando de ofrecer unha educación integral que desenvolva tanto aspectos intelectuais como afectivos e sociais. O profesorado considera importante crear un clima escolar positivo e de convivencia pacífica; tentando transmitir valores como: respecto á diversidade, desenvolvemento do espíritu crítico, actitude participativa, esforzo persoal, solidariedade e creatividade. O alumnado recibe unha atención individualizada, sendo reforzada, se é preciso. A través da función titorial mantense unha comunicación frecuente coas familias.

para traballar conxuntamente n educación dos seus fillos e fillas.

Contenido patrocinado

stats