O centro desenvolve unha importante política lingüística

Cultura

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP de Leirado ten entre os seus obxectivos normalizar e potenciar

o uso da lingua galega en todos os ámbitos escolares e recuperar e manter a cultura da comunidade.

redacción. vigo

Publicado: 21 may 2014 - 14:19 Actualizado: 22 oct 2018 - 15:46

Consumo de fruta fresca no centro educativo.
Consumo de fruta fresca no centro educativo.

O CEIP de Leirado está implementado, mediante o deseño dunha actividade trimestral en varias linguas, o Portfolio Europeo das Linguas (PEL) dentro dunha política lingüística tendente a implicar á comunidade educativa no proceso de mellora do ensino e aprendizaxe das linguas, acorde coa realidade plurilingüe actual.

Tamén desenvolve o Programa de Acompañamento Escolar en ingles que ten como principal obxectivo desenvolver actividades fóra do horario lectivo para mellorar a competencia comunicativa nas destrezas orais do alumnado. Ademais, ten por finalidade complementar o traballo que se realiza na área de lingua inglesa no horario lectivo.

O centro educativo conta co Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) que ten entre os seus obxectivos normalizar e potenciar o uso da lingua galega en todos os ámbitos da comunidade escolar, e recuperar e manter a tradición e a cultura galegas.

A tal fin leva a cabo numerosas actuacións ao longo do curso nas que se implica, sempre que sexa posible, a todo o alumnado e profesorado.

Orientación escolar

O CEIP de Leirado conta tamén, entre os seus servizos, cun Departamento de Orientación que está constituído polos coordinadores dos diferentes ciclos, a especialista en Pedagoxía Terapéutica, a especialista en Audición e Linguaxe e o Orientador que é o xefe do departamento.

Levan a cabo o seu traballo seguindo as directrices do Plan Xeral de Atención á Diversidade, atendendo ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo que hai no centro. A praza de orientación é compartida, polo que o Orientador tamén adica parte do seu horario semanal a atender outro centro da zona.

As principais liñas de actuación do departamento son a atención ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo, a elaboración e implementación dos plans de acollida, de preparación para o ciclo de Educación Secundaria, ESO, de convivencia escolar e a realización das avaliacións psicopedagóxicas.

Tamén se realiza no CEIP de Leirado un traballo de asesoramento e apoio a toda a comunidade educativa no que respecta ao ámbito educativo.

O centro contempla na súa programación unha actividad docente que se completa con as chamadas actividades complementaria. Estas actividades son fruto de proxectos realizados polo profesorado de maneira conxunta e coa participación do alumnado e en moitos casos das suas familias.

As Actividades que se levan a cabo son o Magosto, Navidad, Día da Paz, Entroido, Día do libro, Día das Letras Galegas, diferentes talleres de matemáticas e lecto-escritura e radio escolar. Nestas actividades se desenvolven e diversas actividades coma exposicións de traballos, concursos, recetas típicas da época e xogos.

A ANPA do Leirado

Presidida por Xosé Manuel Rodríguez e axudado por un grupo de colaboradores/as, a ANPA do CEIP de Leirado de Salvaterra participa activamente en moitas das actividades do centro educativo. Pódense citar actividades como a festa de fin de curso, agasallos en Nadal, organización de actividades extraescolares, organización do comedor escolar e plan madruga, entre otros servizos para a axuda dos nenos e as súas familias na conciliación laboral e familar. A Asociación de Pais e Nais do CEIP de Leirado de Salvaterra conta aproximadamente cuns 50 socios e ten para o futuro proxectos que espera realizar coa axuda do Concello de Salvaterra do Miño, das nais e pais e o resto da comunidade educativa.

Contenido patrocinado

stats