CEIP Chans de Bembrive, unha escola transformadora, aberta e inclusiva
xornal escolar
O CEIP Chans-Bembrive é centro educativo para nenos e nenas en idade infantil que ten coma misión axudar ao seu alumnado a desenvolver as súas capacidades e acadar aprendizaxes que faciliten o seu crecemento e integración á sociedade coma cidadáns críticos e responsables.
Un centro educativo que aposta por unha escola consciente, unha escola atenta as necesidades do alumnado, do profesorado e das familias.
Unha escola transformadora a prol dunha sociedade máis solidaria e sustentable e ntegradora que atende á diversidade e intente adaptarse ás distintas necesidades do alumnado.
Inclusiva na que caben todos e todas coas súas distintas características individuais e participativa e aberta cara o alumnado, o profesorado, as familias e a contorna. Tamén é acolledora, cun clima de confianza e un ambiente de traballo sereno, na que o alumnado perciba unha actitude de apoio , respaldo e orientación diante das súas preocupacións e necesidades. Unha escola na que se respecta o pluralismo e os valores democráticos de solidariedade, responsabilidade e tolerancia.
O CEIP Chans-Bembrive tamén aposta por una escola coherente, na que haxa unha relación entre o que di, o que se pensa, e o que se fai.
Saudable, e sostible, que promova e fomente o respecto ao medio ambiente e os hábitos saudables. Dinámica e aberta que se avalía e busca adaptarse aos cambios que a sociedade esixe e defensora da nosa cultura e da nosa lingua. CEIP deChans-Bembrive é unha escola “emocionante”.
O CEIP de Chans-Bembrive ven apostando dende o curso 2011/2012 por unha educación, responsable, creativa e consciente. Para elo quere seguir formándose en metodoloxías activas que axuden a construír benestar persoal e profesional. Accións que se estan a desenvolver para acadar os obxectivos.
-“Educación Responsable” A escola está inmersa neste programa piloto de innovación educativa que promove a Fundación Botín e a Consellería de Educación e fomenta a mellora da convivencia a partir do crecemento socioemocional. Formamos parte por sexto ano consecutivo da rede de escolas de Educación Responsable. Como consecuencia se iniciaron as seguintes accións na escola:
En 4º e 6º de Primaria estase a implementar a materia de libre configuración “Educación emocional e para a creatividade”.
-O programa Mellor con calma que consta dun abano de actividades dirixidas á redución do estrés e a impulsividade. Aspectos comao valor da pausa, a calma na aula, ou atención plena son elementos que se traballan neste programa.
-“Seccións Bilingüés” .
A materia de plástica impártese en inglés en 4º, 5º e 6º de primaria contando cun auxiliar de conversa nativo.
-“Introdución á Robótica en Educación Primaria”.
Introdución da programación en Scracht e uso dos róbots Mbot para a resolución de retos fomentando no alumnado o desenvolvemento pensamento computacional.
-“Recreos felices”.
Entendendo o tempo de recreo coma un tempo educativo deseñáronse unha serie de espazos e actividades, logo de escoitar ao alumnado por medio das xuntanzas de delegados, para mellorar a convivencia e aumentar a oferta de actividades para ocupar o tempo de lecer. Espazo de xogo tranquilo, espazo deportivo, areeiro, sala de xogos, a ¨leira de ler” …
-"Mellos mediando".
Programa de mediadores para a resolución pacífica dos conflitos entre iguais. A partir de quinto formase ao alumnado para exercer de mediadores e adquirir competencias para axudar a resolver os conflitos dunha maneira confidencial e creativa ser ter que acudir a regulamento do centro, ao a participación dun adulto.
“Biblioteca escolar”
Dende o ano 2010 forman parte do Plan de Melloras de Biblioteca da Consellería de Educación. Ao longo destes anos a biblioteca modernizouse e dinamiza gran parte da vida escolar a través dos proxectos documentais anuais. Para este curso traballarase na liña de acadar un colexio sostible e que defenda o medio ambiente no contexto da situación actual de emerxencia climática.
Outros proxecto.
-Grupo de pandereteiras e pandereteiros de Chans, traballan no mantemento das nosas tradicións e a aprendizaxe de cancións do noso folclore.
-Os “Bombrivers”, banda escolar formada con alumnado que ten coñecementos ou toca algún instrumento musical. Ensaian nos recreos e participan nas festas da escola.
-“Artistas de Chans”: Actividade na que o alumnado que o desexe pode compartir habilidades e/ou coñecementos (cantar, recitar, facer maxia, bailar...) cos seus compañeiros actuando para eles nos recreos logo de ensaiar e prepara as súas actuacións.
A ANPA
No CEIP Chans-Bembrive funciona unha Asociación de nais e pais, denominada ANPA "O Lecer" a que pertencen un número importante de familias do colexio e que é parte activa da comunidade educativa. A ANPA, encárgase de distintas tarefas como é da xestión das actividades extraescolares: deportivas (natación, balonmán, patinaxe), educativas (cociña creativa, cerámica) e artísticas (teatro, baile moderno) ofertadas ao alumnado polas tardes. Ademais desenvolve outros traballos: organización de festas no Nadal, no Entroido ou a fin de curso; charlas para pais e nais sobre temas de interese na educación dos fillos/as; ou a participación en actividades da parroquia propostas pola Entidade Menor ou a Asociación Cultural Helios.
Tamén é a responsable da organización e funcionamento do servizo de gardería a primeira hora da mañá, a partires das sete e media, para "os primeiros en chegar á escola" para tratar de conciliar a vida familiar.
coa vida profesional dos pais dos alumnos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Día de las Fuerzas Armadas
Vigo se vuelca con el Día de las Fuerzas Armadas en un desfile sin espectáculo aéreo ni izado de bandera