O 92% dos nenos superan a proba en Lingüística e o 82% en Matemáticas

Os centros educativos xa dispoñen dos resultados da avaliación individualizada realizada ao alumnado de 3º curso de Educación Primaria para facerllos chegar ás familias segundo o procedemento que eles mesmos establezan.

redacción vigo

Publicado: 14 oct 2015 - 12:05 Actualizado: 22 oct 2018 - 15:41

Os resultados da avaliación individualizada de 3º curso de Educación Primaria xa están a disposición dos centros educativos, que son agora os encargados de facerllos chegar ás familias seguindo o procedemento que, dentro da súa autonomía, eles mesmos establezan como máis axeitado. O director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, deu conta dos datos xerais obtidos na proba de terceiro que –seguindo a aplicación da Lei para a Mellora do Sistema Educativo (LOMCE)- realizaron a finais de maio en Galicia preto do 80% do alumnado deste curso.

Unha vez efectuada a primeira análise dos datos globais, constátase que o 92% dos nenos e nenas obteñen bos resultados na competencia en comunicación lingüística, mentres que o 82% o fan na competencia matemática, e que non existen diferenzas significativas nin por sexos nin por provincias en ambos os dous casos.

Non obstante, segundo explicou Manuel Corredoira, o máis significativo é ver a evolución dos índices ao longo destes anos nos cinco tramos definidos (sendo o 1 o máis baixo e o 5 o excelente). Para iso estableceuse un contraste entre os resultados obtidos na proba de terceiro que se fixo por primeira vez no curso pasado, coas avaliacións de diagnóstico que se viñan facendo de xeito ordinario desde o curso 08-09 a alumnos de 4º de primaria e que desde o curso pasado se substituíron pola avaliación individualizada de 3º.

Deste análise. os datos indican unha tendencia positiva, xa que se produce o aumento de alumnado en niveis intermedios que antes estaba no nivel mais baixo.

Competencia lingüística

Na competencia en comunicación lingüística, superou a proba o 92% do alumnado, e non existen diferenzas significativas nos resultados promedio acadados polas nenas e polos nenos, a diferenza é de 3 puntos a favor delas.

Os resultados globais da avaliación de 3º tamén confirman que non existen diferenzas estatisticamente significativas entre puntuación media obtida nesta proba e a puntuación promedio dos alumnos e alumnas na avaliación ordinaria do curso. Estamos a falar dunha diferenza de apenas 0,07 puntos a favor da proba de 3º.

Se se comparan os resultados da proba de 3º coas avaliacións de diagnóstico, o 81% dos alumnos e alumnas avaliados sitúase nos niveis intermedios (é dicir, no 2, 3 e 4), unha porcentaxe que é 4 puntos superior á media das avaliacións de diagnóstico. É dicir, redúcese en 4 puntos a porcentaxe de alumnos que se sitúan no nivel máis baixo. No nivel máis alto (o 5) sitúase unha porcentaxe idéntica á media da porcentaxe das avaliacións de diagnóstico.

Contenido patrocinado

stats