O xurado da reconversión dos xulgados escolle ideas

Publicado: 28 ene 2023 - 01:37

Tapias, co xurado.
Tapias, co xurado.

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, recibiu aos membros do xurado do concurso de ideas convocado para o novo Centro de Asociacionismo de Vigo despois de constituirse o tribunal. O grupo seleccionador será o encargao de elixir entre as 29 propostas presentadas o plan que mellor cumpra a finalidade de remodelar o vello edificio dos xulgados. O desenvolvemento do concurso de ideas e posterior adxudicación do procedemento para a contratación do servizo de redacción do proxecto da obra de rehabilitación do edificio dos xulgados permitirá contar no mes de maio cun anteproxecto que servirá de base para a rehabilitación. O orzamento estimado para intervir na totalidade do edificio -incluíndo as tres plantas do soto- ascende aos 12,6 millóns de euros. Todo o proceso lévase a cabo despois de que Xunta e o Colexio de Arquitectos de Galicia firmasen un convenio en busca do mellor proxecto. Segundo o prego de condicións o inmoble da rúa Lalín terá un auditorio con aforo para 400 persoas, unha sala de exposición, 6 salas de reunións, 5 salas de ensaio e 5 salas polivalentes, todas para uso por parte das asociacións.

Contenido patrocinado

stats