Xuntanza en San Simón de alcaldes do Camiño
Os alcaldes de todos os concellos polos que transcorre o camiño a Santiago procedente de Portugal reuníronse onte na Illa de San Simón para debater diversos aspectos sobre a potencialización, conservación e difusión da ruta.
Estas xornadas foron organizadas pola Fundación Camiño de Santiago, presidida polo pontevedrés Celestino Lores, e contou coa colaboración da Fundación Illa de San Simón. As intervencións e debates centráronse na aplicación da lexislación aplicable ao ben Patrimonio da Humanidade, que é o Camiño de Santiago, e a súa repercusión nos municipios. A actuación inscríbese no convenio asinado entre as dúas institucións para a realización de actividades relacionadas coas rutas xacobeas ao espazo insular.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último