Xuntanza de nenos saharauis de vacacións
O Concello de Mos adiantou onte que a vindeira semana celebrarase unha xuntanza de tódolos nenos saharauis que están a pasar as súas vacacións neste municipio e tamén nos dePorriño e Tomiño.
Dita xuntanza terá lugar pola tarde na piscina municipal ó aire libre de San Eleuterio para posteriormente merendar no parque ubicado xunto á mesma.
Este encontro fará as veces de despedida e broche final das 'Vacacións en Paz'destes nenos procedentes do deserto do Sáhara, xa que retornan ós seus respectivos lugares de orixe a principios do vindeiro mes de setembro.
Os cinco rapaces acollidos nesta ocasión por familias mosenses xa levan vindo a pasar o verán a Mos dende fai varios anos.
O Concello de Mos colabora con esta iniciativa chamada 'Vacacións en paz' mediante un convenio de colaboración coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
+deporte | día de la bici
La bici es el Amor de Dios
Ascenso a Segunda División
Fredi: “Tentaremos que este namoramento remate en matrimonio”
Ascenso a Segunda División
Buscando el lleno para un sueño