Xuntanza de familiares de artistas na Emao

A iniciativa do Legado Activo Beiras Cal, a sala de exposicións da Emao (Artes e Oficios) acolleu unha xuntanza de familiares

Familiares de artistas que participaron na primeira serigrafía dos Álvarez Blázquez reuníronse onte en Artes e Oficios.
Familiares de artistas que participaron na primeira serigrafía dos Álvarez Blázquez reuníronse onte en Artes e Oficios. | Juancho Everman

Co gallo da exposición de “Serigrafía galega. Homenaxe aos Álvarez Blázquez", os organizadores fixeron un chamamento ás familias dos autores e ás fundacións que os representan para participar dunha conversa. Baixo o nome “Nesta casa hai un artista”, procurouse descubrir o momento artístico e vital que estaban atravesando estes pintores hai 55 anos cando se embarcaron na aventura de difundir a primeira colección de serigrafías de arte galega.

Participaron membros da Fundación Xaime Quesada, Fundación Laxeiro, Fundación Luís Seoane e de familiares de Prego, Vidal Souto, Xulio Maside, Ventura Cores, Sevillano, Sexto Novás, Pedro R. Bofill, Mercedes Ruibal ou Agustín Pérez Bellas. Tamén participaron na conversa os fillos de Álvaro Álvarez Blázquez.

Contenido patrocinado

stats