Xuntanza en Chile e Brasil na procura de alianzas estratéxicas
Representantes do Campus do Mar reuníronse cos de universidades e centros de investigación para traballar en proxectos comúns nun futuro
Coa visita a Brasil e Chile, o Campus do Mar conclúe o seu primeiro periplo internacional na procura de alianzas estratéxicas, colaboracións con institucións e futuros intercambios tanto de proxectos como de alumnado e docentes.
Entre outros potenciais parceiros, o director do Campus do Mar, Emilio Fernández reuniuse con Susana Maldonado, responsable do Millennium Science Initiative, una entidade gubernamental dependente do Ministerio de Economía, Fomento y Turismo de Chile (Minecon) cuxo obxectivo principal é fomentar o desenvolvemento da investigación científica e tecnolóxica de fronteira no país, factor clave do desenvolvemento económico e social sustentable a longo prazo.
A delegación viguesa mantivo tamén xuntanzas con representantes de cinco universidades chilenas (Universidad Austral de Chile, Universidad de Concepción, Universidad Católica del Norte, Universidad Católica de Chile e Universidade de Chile). Con estes centros acordouse iniciar procedementos para a sinatura de convenios entre o Campus do Mar e estas institucións.
A parada previa a Chile foi Brasil, onde o director do Campus do Mar visitou os campus de Río Grande e Porto Alegre da Universidade Federal de Río Grande. Mantivo tamén unha xuntanza na Fundación de Apoio á Investigación do Estado de Sao Paulo (FAPESP) e na Universidade de Sao Paulo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último