A Xunta reivindica a nova lei autonómica en igualdade
8-M
A Xunta tamén conmemorou o 8-M, cunha encontro entre a delegada territorial, Marta Fernández-Tapias, con mulleres emprendedoras viguesas. Na súa intervención, a representante autonómica emprazou a recoñecer as achegas de todas as mulleres e nenas, “a ser inconformistas e esixir máis cambios para a consecución da plena igualdade”. Reivindicou así os importantes avances logrados, ao tempo no que indicou que non son menores os retos e desafíos que se presentan a futuro.
“Un futuro no que a muller poida ocupar espazos públicos e privados en igualdade de condicións; un futuro sin divisións sexistas, sin discriminación ou calquera tipo de violencia”, apuntou.
E neste contexto, identificou a Sara, Marina, Rosario y María, embaixadoras das 155.203 mulleres viguesas que hoxe reivindican o 8-M, como o espello no que poderán mirarse as novas xeracións. “Sodes unha motivación e o exemplo de que con paso firme seguimos derribando barreiras na consecución efectiva da plena igualdade”, aseverou dirixíndose a elas. “Un principio orientador que debe guiarnos a todas e todas no recoñecemento da participación das mulleres na sociedade nas mesmas condicións que os homes”, dixo.
Nesta mesma liña, a delegada Fernández-Tapias destacou o éxito das políticas da Xunta na conquista dunha igualdade real e efectiva e reafirmou o compromiso do Goberno galego co fomento de accións que contribúan a mellorar e afianzar este avances. Asemade, Fernández-Tapias referiuse a nova lei autonómica de igualdade entre mulleres e homes, que verá a luz este mesmo ano 2022, e permitirá adaptar a lexislación ao contexto socio-laboral actual e ir da man na profunda transformación que está a acontecer na nosa contorna
Contenido patrocinado
También te puede interesar