Xela, fonte de inspiración
A sede viguesa da Deputación ven de inaugurar a exposición “Lebres como gacelas”, onde a autora das Letras Galegas 2021 serve de referente para o traballo da nova xeración
As poetas Tamara Andrés e Miriam Ferradáns e a fotógrafa Eva Díez compartiron onte os versos inspirados en Xela Arias e no seu poemario “Tigres como cabalos”. Baixo o título “Lebres como gacelas” fixeron un ‘cameo’ reproducindo a irmandade entre poemas e imaxe nun proxecto expositivo que onte se inauguró na sede da rúa Chao coa asistencia das deputadas de Cultura, Vicki Alonso e Ana Laura Igrexas. Comisariada polo Servizo de Cultura da entidade provincial, ‘feminiza’ de xeito consciente na súa denominación cunha mensaxe feminista e progresista, seguindo a estela iniciada por Xela.
O traballo final tamén inclúe textos de cinco escritoras máis, Alba Cid, Lorena Conde, Lara Dopazo, Olga Novo e Antía Otero e dun segundo fotógrafo, Fran Herbello que unen as súas visións dentro dun conxunto. A posta en escena foi amenizada pola interpretación da violinista Emma Ramonet.
A mostra permanecerá en sala ata o 28 de novembro. Reúne 21 composicións poéticas, tres por cada autora, asociadas a 21 imaxes, tal e como fixera a propia Xela no libro que se toma como referencia con instantáneas de Xulio Gil. Cunha linguaxe contemporánea retratan o corpo e a contorna analizando a realidade máis inmediata. A súa ollada vencella á arquitectura e á paisaxe ao propio corpo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas
Fernando Ramos
La manipulación política de la denuncia contra Suárez