Vigueses distinguidos 2026
El IES Alexandre Boveda y el IES Álvaro Cunqueiro, Vigueses Distinguidos
“Tódolos días baixan os xabarís ás leiras, esta vez esnaquizaron cultivos sementados por segunda vez. Así non podemos seguir”, Lorenzo González, veciño de Coruxo, ergueu onte para descubrir unha nova desfeita a causa dos porcos bravos. “Agora xa non quedan nos terreos máis preto do monte, baixan e pasean polo centro da parroquia, xa se ven grupos grandes de ata sete exemplares”.
Esta última visita foi un cultivo de millo e de patacas, adicado ao alimento dos animais e para autoconsumo. “As miñas leiras están pechadas con malla de pastoreo, a lei non permite outro xeito de valado, pero se queren entrar fano igual”. Os veciños gravaron en varias ocasións as visitas dos xabarís, comprobando a súa axilidade. Tamén probou cubrir o sementado con plástico negro e nalgúns casos foi efectivo, “pero non é rendible. De seguir así, terei que deixar a tradición do cultivo caseiro, non traballar as leiras e mercar o produto”.
A Ricardo, que ten unha explotación de gando que comercializa na súa carnicería, tamén lle entraron a comer a forraxe. “Só o 20% dos terreos está cultivado, polo que a desfeita é maior”. Os afectados chaman cada día ao 012 para dar parte, que a súa vez avisa a Medio Ambiente e finalmente avisa á Xunta para que mande ao lanceiro. “Teñen que tomar medidas ou isto non é viable. Cos incendios quedaron sen comida no monte e volven tódalas noites”, indica González.
Contenido patrocinado
También te puede interesar