Volve o ‘talent show’ que descubriu a Ariel Echeverry
O batería precoz de 8 anos sorprendeu onte coa súa interpretación na presentación da nova edición do concurso
O batería prodixio, Ariel Echeverry, impresionou unha vez máis ao respetable co seu virtuosismo coa baquetas. Nesta ocasión, ofreceu un pequeno repertorio na sede territorial da Xunta de Galicia para presentar unha nova entrega do Talent Show Megaestrelas, o concurso vigués de talento que gañou a edición pasada con só sete anos. As galas do evento, organizado pola televisión Linea Press, celebrarase no escenario Foodcourt de Vialia Vigo os primeiros sábados deste mes de maio, os días 3, 10 e 17 de maio, deixando as actuacións da final para o tamén sábado, 7 de xuño. Echeverry, que ten o seu propio canle de Youtube con vídeos novos cada semana, estivo acompañado pola finalista, Lucía Samoelle que tamén ofreceu unha actuación en directo.
Ao acto de presentación tamén acudíu a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, quen destacou a evolución do concurso como plataforma de impulso para os artistas emerxentes na cidade. A representante autonómica incidiu na importancia da alianza entre o Goberno galego e o certame co obxectivo de descubrir novos talentos con acento vigués.
A administración autonómica mantén o seu apoio ao Talent Show nesta nova etapa na que xa participan persoas maiores de idade. “Temos un talento extraordinario na cidade e Megaestrelas ofrece unha oportunidade única para que emerxa”, sinalou. O xurado, formado por profesionais, serán os encargados de valorar aos participantes e elexir aos mellores nas categorías de canto, baile, maxia e interpretación. Os castings serán a porta aberta ao público coa limitación de aforo. Tanto na categoría de baile grupal infantil (ata 16 anos) como baile grupal xuvenil (de 16 a 30 anos) os premios serán a gravación dun videoclip, masterclass de Leiredallas, trofeo e diploma. Na categoría xuvenil de baile individual, parellas ou tríos, categoría cantantes, categoría de variedades e Megaestrelas 2025, os premios serán dous días no Ecoparque Multiaventura, gravación dun disco e un videoclip musical e un ano de formación no Mayeusis para a categoría cantantes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar