As vodas de ouro luciron en Mos a Festa dos Maiores

verano

Centenares de persoas homenaxearon á 60 persoas que celebrabran 50 anos de casados cunha comida e festa popular

redacción. mos comarcas@atlantico.net

Publicado: 31 ago 2015 - 11:43 Actualizado: 31 ago 2015 - 13:47

Algúns dos matrimonios.
Algúns dos matrimonios.

A Festa dos Maiores de Mos volveu ser un éxito un ano máis e xa van 24 honrando ás personas da terceira idade que viven no municipio. Os protagonistas luciron as súas maiores galas e non era para menos xa que celebran as súas vodas de ouro, un total de 30 matrimonios (aínda que só puideron asistir unha ducia) e as súas familias, amigos e veciños que encheron Costoias, na parroquia de Tameiga, onde se celebrou unha comida a base de callos e porco ao espeto.

A festa deu comezo pola mañá cunha misa cantada na capela da Virxe de Peña de Francia, onde os matrimonios rememoraron o día da súa voda e algúns viviron momentos de moita emoción.

Tralo acto relixioso puideron disfrutar da banda de música de Torroso e os homenaxeados disfrutaron da comida invitados polo Concello, que estivo presente de pleno coa alcaldesa así como os concelleiros que lles fixeron entrega dun recordo do día. Para finalizar a xornada houbo baile con gruo M3 e moita festa.n

Contenido patrocinado

stats