Unha viguesa con cancro, en folga de fame polas 'duras leis'
Beatriz Martínez Figueroa iniciou unha folga de fame en Vigo co obxectivo de denunciar que 'están modificando as leis e facéndoas moito máis duras ás persoas' que, como ela, que padece cancro, están é unha 'situación límite'. 'Gustaríame que se sensibilizasen', apuntou, pedindo solucións para as persoas que, na actual situación de crise, están a pasar por especiais dificultades.
En declaracións a Europa Press, esta muller explicou que decidiu iniciar a folga de fame o martes -levaba onte un día- e permanecer cada mañá cun cartel ante as portas da oficina de emprego do barrio de Navia como 'medida extrema' para denunciar 'como as leis poden levar a unha persoa cunha enfermidade grave como o cancro' a estar a percibir unha prestación de 426 euros malia cotizar case 20 anos e 'unicamente polo feito' de que cando lle diagnosticaron a patoloxía -en marzo de 2011- tiña unha prestación por desemprego.
Así, explicou que, actualmente atópase no 'mes de espera' e que leva 'sen cobrar nada' dende principios de abril. Unha vez volva percibir a prestación, segundo explicou, quedaríanlle seis cobramentos por recibir, se ben non sabe que acontecerá cando se lle rematen esas mensualidades de 426 euros.
Martínez Figueroa afirma que, a través da súa formación en Dereito, constatou que 'están a modificar as leis para facelas moito máis duras' para as persoas que están 'en situación límite'. Nese sentido, apuntou que os requisitos para acceder a determinadas axudas, prestacións ou exencións, 'os fan de maneira que entren moi poucas persoas nos perfís'. n
Contenido patrocinado
También te puede interesar