Vigocultura propón 27 espectáculos no primeiro semestre de ano
As actividades comezarán o 3 febreiro e as diferentes propostas desenvolveranse ata o 28 de abril
A nova edición de Vigocultura contará con 27 actuacións previstas para o primeiro semestre de 2024, entre o 3 de febreiro e o 28 de abril. Tal e como anunciou o alcalde onte en rolda de prensa, haberá 17 obras para adultos, nove representacións para nenos e unha interpretación para todos os públicos. “Son actuacións de desenvolvemento cultural que teñen un éxito excepcional”, valorou o rexidor. Repártese once disciplinas: teatro de rúa, actuacións musicais, monólogos, comedias, teatro sensorial para bebés, marionetas, danza, maxia, teatro comedia de máscara e circo, entre outras. Participarán compañías galegas e nacionais, tanto emerxentes como cunha ampla experiencia.
Como en cada edicións a estrea comenzará o venres, 3 de febreiro, na rúa do Príncipe cunha actuación de teatro na rúa con Serán Producións e “O Bosque animado”.
As seguintes montaxes terán lugar no auditorio municipal durante os fins de semana. En febreiro actuarán Basilio Martí coa proposta musical “Transylvania Suite” (venres, 9); Amorodio Teatro, coa comedia “A nai” (sábado, 10); o teatro xestual “Mamut”, de Markeliñe (domingo, 11); o monólogo de Xosé Antonio Touriñán, “Aquí tou” (venres, 16); a comedia “Apaga o candil”, de Contraproducións (sábado, 17); teatro para bebés “Brilla brilla”, de Trémola Teatro (domingo, 18); o ilusionista Pedro Volta con “Ilusionante” (venres, 23); a comedia “Entrega en man”, de Contraproducións (sábado, 24); os monicreques de Roi Borrallas, con “Só” (domingo, 25).
En marzo será a quenda de Iago Regueiro, coa homenaxe a Lina Morgan “Grazas por vir” (venres, 1); a comedia de Sarabela Teatro “Made in Galiza” (sábado, 2); a comedia de máscara de Olivas Negras, con “Ou rapto de Befana” (domingo, 3); Chévere representará “Heller Keller, a muller marabilla?” (sábado, 9); A meiga Fani chega con “Igualdade, onde estás?” (domingo, 10); Manekineko empeza un fin de semana de teatro contemporáneo “Cancións amarelas, flores tristes” (venres, 15), que segue con Artyc Content e “Que din as rumorosas” (sábado, 16); A coxa Dansa ofrece o seu espectáculo de danza “O conto de Persépolis”.
A comedia de Ron Lalá Teatro, “4x4”, abre abril (venres, 12); Lembranza teatro leva ao escenario “Non é unha canción” (sábado, 13); os monicreques de Marabillas&Portal71 e “As Cotton” (domingo, 14); Deste Xeito Produccións estrea a comedia “Neura” (venres, 19); Pistacatro Produtora de Soños abre a dobre oferta circense o circo con “A punta do meu nariz”(sábado, 20) que seguirá con “Cirqueiras”, de Artefeito (domingo, 21). A danza chega con “Emigrantes” (venres, 26) e “Qualia”, de LAD Dance Compañy (sábado, 27) e finaliza a tempada co espectáculo híbrido de danza e circo, “361”, da compañía Proxecto de Tránsito (domingo, 28).
Contenido patrocinado
También te puede interesar