Vida, morte e resurrección dos espantallos de Manuel Sendón
exposición
O fotógrafo Manuel Sendón, afincado en Vigo, ficou abraiado no 2007 coa variedade de espantallos que atopaba polas leiras da ría de Corcubión, ao ter en Fisterra unha pequena casa na que pasaba veráns e descansos ao longo do ano. O seu obxectivo retratou varias decenas destes bonecos elaborados a man polos labregos para botar fóra as aves, que publicou nun libro en 2016.
Dende onte a Fundación Laxeiro de Vigo ofrece unha nova mirada de Sendón, que desta vez retrata unha película estática pero en movemento. O tempo tórnase en suxeito, e o espectador descubre a evolución dos espantallos: dende a súa colocación a súa desaparición no olvido. Dos tres espantallos escollidos, Cáccamo aínda ten a esperanza de que un sexa recuperado polos donos. Por ese motivo, reservou un espazo na sala para ofrecer o retrato da súa resurrección.
Na presentación da exposición, Sendón reflexionou sobre os límites da arte, das rupturas coa academia de Duchamp ou Warhol e da metáfora que supoñen para o agro galego o esmorecemento dos espantallos olvidados.
Para Sendón, os espantallos non son só obxectos do pasado rural, senón símbolos dunha memoria en tránsito, un xeito de conectar co territorio e coas xentes que o habitan, e tamén de interrogarse sobre o valor estético da cultura popular.
Contenido patrocinado
También te puede interesar