Veciños piden árbores autóctonas na Guía

vigo

Publicado: 29 ene 2021 - 00:02 Actualizado: 29 ene 2021 - 14:36

A Guía, trala corta de eucaliptos no monte.
A Guía, trala corta de eucaliptos no monte.

n n n A Asociación Veciñal de Teis demandou do goberno municipal que realice unha plantación de arbores autóctonas no monte da Guía. Desde o pasado mes de decembro, o Concello de Vigo encargou a unha empresa a tala de arbores na súa maioría eucaliptos e acacias, no entorno da baixada ao club de remo, en terreos municipais e privados. O pasado 5 de xaneiro a asociación dirixiuse por correo electrónico e logo polo rexistro a Concellaría de Parques e Xardíns solicitando información sobre cal era os motivos desta tala, a necesidade de realizar unha plantación de arbores autóctonas nestes terreos e que o Concello mercara os terreos privados onde se realizou está tala. A plantación de arbores autóctonas evitaría que en poucos anos nestes terreos estén ocupados novamente por eucaliptos e acacias e así contar cunha nova masa forestal no monte da Guía. A asociación tamén reivindicou que o Concello merque os terreos privados onde se realizou a tala, ao estár abandonados, isto suporía aumentar o espazos de lecer e esparcemento na praia da Punta.

Contenido patrocinado

stats