O valo de Pereira estrea frase de Yolanda Castaño en Beiramar

Publicado: 29 jun 2021 - 02:51
Ruy Pereira e Yolanda Castaño presentaron a frase que lucirá no muro.
Ruy Pereira e Yolanda Castaño presentaron a frase que lucirá no muro.

“O mesmo mar fai cada día unha distinta praia”, de Yolanda Castaño, é a frase elixida este ano para ilustrar ao longo dun ano o valo que Pereira Productos del Mar ten nas súas instalacións en Beiramar. Foi a escollida por os seguidores de Pereira nas redes sociais. Impúxose a “Faremos coma o calamar: sacaremos moitos brazos e, en tempos escuros, haberemos brillar” e “Escritoras e calamares: susténtanse na pluma e empregan a tinta con talento”.

“Estabamos desexando presentar o novo deseño nun ano no que esperamos recuperar a tan ansiada normalidade; levamos case unha década con esta iniciativo que pon en valor a literatura galega”, apuntou onte Ruy Andrade, director de comunicación de Pereira, na cuberta do “Argos Pereira”, atracado fronte á parede decorada. Así, a poeta e filla de mariño mercante, Castaño súmase a Domingo Villar e Ledicia Costas.

Polo valo pasaron frases como “Podo temer a morte, pero non quero ter medo a estar vivo” (2020), “O tempo, o sol e o mar engurraran o rostro do mariñeiro e cuartearan a súa pel como terra seca” (2019) “Neste mar navegan os barcos da nosa vida” (2018). “Estamos en la bahía de Vigo y sólo de usted depende que pueda conocer sus secretos” (2017), “A maxia de saber amar” (2016) y “Cada palada cuenta” (2015).

Contenido patrocinado

stats