A Universidade da obradoiros de emprego para recén titulados

AÁrea de Emprego da Universidade de Vigo porá en marcha os Obradoiros de Emprego co fin de informar ao alumnado e aos recentemente titulados dos tres campus sobre a realidade do mercado laboral, ademais de darlle as claves para pasar con éxito procesos de selección e dinámicas grupais dunha forma práctica e realista.

Publicado: 30 dic 2011 - 17:35 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:42

O eixo central destes obradoiros céntrase en resolver todas as dúbidas que xorden á hora de buscar un traballo e sobre como actuar no momento de enfrontarse á entrevista. Por este motivo, e tal e como aclara Mª Ángeles Manzanares, orientadora laboral da Fundación Universidade de Vigo, “as xornadas xirarán sobre catro temas principais: o mercado de traballo, as habilidades sociais relacionadas co autocoñecemento e a autoestima, as técnicas para buscar emprego como pode ser a elaboración de currículums e o emprendemento, xa que son factores clave”.

Os obradoiros impatiránse nos tres campus. Os interedados poderán matricularse ata o vindeiro 4 de xaneiro a través da páxina web da Área de Emprego da Fundación.

Contenido patrocinado

stats