Unha unidade que se anticipou á lei en favor da igualdade

25N

Águeda Gómez, directora da área de igualdade da Universidade de Vigo, reflexiona sobre os 18 anos da creación da mesma

2024111010260179527
2024111010260179527

A Unidade de Igualdade da Universidade de Vigocumple 18 anos neste 2024. A súa actual directora, Águeda Gómez, destaca con orgullo que a institución viguesa botouna a andar mesmo antes de que a xa extinta Lei Orgánica de Universidades se modificase en 2007 para regular a creación das mesmas. Dende a súa creación, sinala, “o pulso da Universidade en canto á igualdade foi a mellor, con cada vez máis profesorado implicado e comprometido a promovela”.

Trátase dunha área que depende directamente do reitor no canto dalgunha das vicerreitorías e, ata hai dous anos, era unha unidade unipersoal. “Agora contamos con unha técnica de igualdade e máis eu, que só podo adicarme a ela a tempo parcial ao ser PDI”, conta Águeda, que matiza que “non son os mellores recursos”. Con todo, explica que esforzos coma o da súa predecesora, Anabel González Penín, quen si que foi quen de asumir o cargo a tempo completo ao ser PAS, axudaron moito ao desenvolvemento do día a día da unidade: “Ela foi quen comezou con iniciativas como os premios Exeria ou as actividades de sensibilización con perspectiva de xénero, que hoxe en día reciben cada ano moitísimas solicitudes nos tres campus e ás veces non temos recursos para todo o que piden”.

Outra das medidas estrela, salienta Gómez, foi o distintivo de igualdade: “Serviu para facer un recoñecemento a aquelas facultades que xa traballaran temas de igualdade cando aínda non estaba tan de moda.” A directora da Unidade de Igualdade cita, por exemplo, Filoloxía en Vigo e Ciencias da Educación en Ourense: “Alí moitas docentes e investigadoras levaban anos traballando a prol da igualdade e formando a moitas xeracións con perspectiva de xénero”. Ademais, este distintivo tamen serviu para incentivar este tipo de políticas noutros centros.

Rachar a ‘cegueira’

Pero para Águeda Gómez un momento que marcou un antes e un despois grazas á Unidade de Igualdade foi a instalación de máquinas expendedoras de produtos menstruais gratuitos: “Ao alumnado fíxolle moita graza pero reivindica que unha institución que durante séculos prohibiu a entrada das mulleres recoñeza as súas necesidades específicas, polo que axudou moito a rachar coa ‘cegueira’ de xénero na institución”. Trátase dun xesto meramente simbólico, pero como lembra a propia Águeda, “as facultades estaban diseñadas a medida dos homes, a primeira alumna de Peritos dicía que non tiña ningún cuarto de baño para ela”. Iso si, a directora advirte que “non significa que rematamos co androcentrismo institucional”.

A ‘loita’ máis recente da Unidade de Igualdade, co apoio da Deputación, é o machismo dixital, de aí a creación da cátedra Feminismos 4.0 “para que a Universidade comece a identificar esas violencias machistas que tamén se están observando nun mundo dixital no que estamos case máis tempo que no real”.

A unidade tamén se ocupa dos casos “moi excepcionais e puntuais” de abusos ou acoso sexual que ocorren na Universidade: “Temos que intervir na medida que podemos, pero o noso protocolo non aborda violencias de xénero”. Afortunadamente, Gómez sinala que “entre as direccións e decanatos hai unha actitude excelente para garantir que o alumnado estea cómodo e seguro”.

Contenido patrocinado

stats