Tui volve á Idade Media có festival Arraianos
verano
A cidade vive inmersa dende onte no devir medieval con espectáculos que se repetirán até a noite do domingo
nnn Comenzou onte ás 11 horas o "I Festival da Historia Arraiana: Arraianos 2016" cun desfile no que participou a "científica tola" que levou a Tui á Idade Media co seu erro ao construír unha máquina do tempo. A inauguración oficial rematou na Praza de San Fernando co convite a tudenses e visitantes a participar neste festival que até o domingo levará a Tui 1.000 anos atrás no tempo con representacións históricas, visitas guiadas, mercado e gastronomía medieval.
Dende onte estanse a celebrar as conferencias que teñen lugar na aula UNED de Tui baixo o epígrafe de "Patrimonio Medieval e Idade Media". Pola tarde os actos teatrais comezaron ás na Praza de San Fernando coa recreación histórica da tentativa de invasión portuguesa a comezos do século XII e a posterior firma do Tratado de Tui. Á noite, o banquete medieval con espectáculo e ambientación permitíu repoñer forzas aos asistentes para rematar co espectáculo de danza "aquelarre" e a exhibición de lume e bruxería "noite de curuxas", ambos eventos na Praza de San Fernando, epicentro do festival.
Amais, ao longo do núcleo histórico haberá mercado con venda de artesanía e produtos gastronómicos. Tódalas tardes a partires das 19 horas ábrense os postos das "Receitas de Poñente" con tapas inspiradas nos libros de George R. R. Martin, Xogo de Tronos.
O sábado medieval comezará ás 11.00 horas coa proba da "Conquista do Miño", na que os participantes, ataviados con vestimenta de época, deberán recuperar panos de cores en diferentes zonas do Miño a bordo do seu kaiak. O percorrido irá da praia de Areeiros de Guillarei até o Centro Interfederado.
Xa na tarde do sábado, a Praza de San Fernando acollerá unha voda medieval co cortexo, casamento e banquete nupcial. Á noite toma a testemuña o "Survival Zombie Medieval". Trátase dun evento inédito que por primeira vez estará inspirado nun apocalipse zombi. Os máis de 1.000 participantes que se esperan deberán realizar unha xincana ou rastrexo para loitar por sobrevivir namentres seguen as pistas indicadas e logran non infectarse.
O festival remata o domingo con diferentes espectáculos, amais de mergullarse na historia medieval de Tui con diferentes recreacións históricas e visitas guiadas.
Ás 12:30 terá lugar o espectáculo de danza "campesiñas" da man da Escola de Danza Paula Cobián na Praza de San Fernando. A actividade trasladarase á Praza de San Telmo ás 14:00 coa representación dun xantar medieval animado coa música de gaitas da Asociación Cultural Arume de Malvas. Ás 17:00 organízase unha visita que comezará na igrexa de San Bartolomé. As últimas actividades do día terán lugar na Praza de San Fernando. n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último