Tui asume abrir la Oficina de Turismo de la Xunta
Dende hoxe ata fin de mes o Concello de Tui asume a apertura da Oficina de Turismo da Xunta, ubicada no edificio Área Panorámica na rúa Colón da cidade, que dende o pasado martes estaba pechada ao público.
Esta medida foi adoptada logo da solicitude formulada polo alcalde tudense tras coñecer o peche desta oficina nun momento de máxima demanda polos turistas.
Unha solicitude enviada por escrito o 17 de agosto e logo formulada en diversas conversas mantidas coa Secretaria Xeral para o Turismo.
Froito destes contactos foi o acordo adoptado na mañá de hoxe entre ambas institucións e que contempla que a Secretaria Xeral para o Turismo autoriza que o Concello de Tui asuma a xestión del Oficina de Turismo no que resta do mes de agosto.
O alcalde tudense, Moisés Rodríguez Pérez, amosa a súa satisfacción por este acordo que posibilita que este importante punto de información turística para Tui, a comarca do Baixo Miño e o Camiño de Santiago continúe aberto ao público nun momento de máxima demanda. Desde xeito, engade o alcalde de Tui o Concello soluciona un problema puntual colaborando coa Xunta de Galicia na promoción e información turística, ampliando o traballo que ata agora desenvolve, nesta materia, a través da Oficina Municipal de Turismo.
Rodríguez Pérez subliña que o Concello de Tui está declarado Municipio turístico e que a promoción do ámbito turístico é unha das liñas estratéxicas da acción do goberno municipal. Agradece a colaboración atopada na Secretaría Xeral para o Turismo para dende a colaboración superar este problema puntual pois para o Concello de Tui o funcionamento desta oficina de turismo na nosa cidade, logo de varias décadas, é un servizo irrenunciable pois permanece aberto ao longo de todo o ano.
Contenido patrocinado
También te puede interesar