Trabalingua invita ós erasmus a unha foliada e ensínalles baile tradicional
VIGO
Estender o uso do galego e evitar que se converta nunha lingua morta é a meta que persegue a asociación Trabalingua, que preside un estudante da Escola Teleco, Anxo Tato e na que participan sobre todo alumnos de Filoloxía e Tradución. Son alumnos que se uniron con esta preocupación en 2009 e que promoven iniciativas singulares como as "foliadas" en locais de ocio do centro, ás que invitan estudantes erasmus.
A próxima cita é mañá ás oito da tarde no Café de Mario (rúa Caracas 5), onde haberá talleres gratuítos de bailes (muiñeira e xota) e cancións tradicionais, aos que seguirá ás nove e media da noite a Foliada cos grupos "Ás pandereteiras de Gargamala", "Ás Rexoubeiras", "A Charanga de Benita" e " Os gaiteiros de Altamar". A festa está aberta tanto ao público en xeral como a estudantes estranxeiros, posto que tamén colabora a asociación que os acolle na Universidade de Vigo, a ESN. "Para os universitarios non hai alternativas de música tradicional para saír un xoves ou un venres en Vigo, en pubs e discotecas todo é música latina, reggaeton ou inglesa. Queremos que os universitarios teñan foliadas periodicamente (a de mañá é a terceira) nas que poidan participar tocando a gaita ou a pandeireta, e que os erasmus coñezan a nosa cultura tradicional", sinala Anxo Tato Arias. As foliadas non é o único que fan. É coñecido tamén o seu concurso de microrrelatos "Quintal Literario", de 50 ou 60 palabras. O ano pasado durante a entrega de premios organizaron unha conferencia sobre creación literaria que contou coa participación da escritora Carmen Blanco e o antropólogo Manuel Mandianes.
Actualmente está aberto o prazo para participar neste concurso.
Este curso tamén celebraron unha conferencia, a cargo do profesor Xosé Henrique Costas, sobre as linguas minorizadas en Europa, na que se formulou o dilema entre ecolinguismo e lingüicidio.
Por último, hai uns días congregaron numeroso público no café De catro a catro co seu "Recital Micros Abertos", destinado a alumnos, profesores e persoal universitario, no que se recitaron textos suyos ou de autores coñecidos, monólogos, relatos curtos, obras de teatro, e que foi moi aplaudido. n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas
Fernando Ramos
La manipulación política de la denuncia contra Suárez