Tódolos estamentos déronse cita no xardín inglés

Os máximos representantes militares, relixiosos e políticos da cidade acudiron á celebración viguesa do 25 de xullo

Uniformes de gala, traxes de cerimonia e vestiario sport compartiron espazo no adianto vigués da celebración do Día de Galicia.

a.b.. vigo abaena@atlantico.net
Publicado: 24 jul 2013 - 01:27 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:27
Centos de invitados acudiron a Castrelos para participar na homenaxe institucional a Galicia.
Centos de invitados acudiron a Castrelos para participar na homenaxe institucional a Galicia.

Foi un acto solemne que contou coa presenza dos mandos militares e da Policía Nacional en Vigo, o bispo de Tui-Vigo, Luis Quinteiro Fiuza, o subdelegado do Goberno, Antonio Coello e representantes dos partidos políticos representados na Corporación municipal e outros políticos como Olaia Fernández ou Xabier Toba.

Entre as caras conocidas atopabase unha ampla representación da sociedade: a presidenta do Náutico, Viviana Beatriz García; o secretario xeral de Anfaco, Juan Vieites; a presidenta de Aida, Hortense Ngbapai; Marita Vázquez, de Diálogos 90; a viguesa distinguida Antía Cal; Xabier Pérez, da Favec ou o Padre Carlos, director de San Francisco.

Pese a non haber ágape, outro consecuencia dos recortes, o acto mantivo o nivel coa actuación do cuarteto Vigo 430. O punto negativo puxérono os ex-traballadores dos Centros Cívicos ao interrumpir os discursos cos seus asubíos.

Contenido patrocinado

stats