"Tiven que reaprender a tocar a gaita; lévoa ao límite co risco de parecer que piso un gato”
Álvaro e Suso Costas, membros de Mitic
Mitic volve ao García Barbón por Nadal, despois de dous anos de ausencia a causa da pandemia. Álvaro e Suso Costas, netos de Wencesalo Cabezas “Polo”, e Cris Macías son os artífices dun espectáculo creado por e para a gaita, que a descontextualiza e a pon en valor. Os irmáns Costas, gaita e percusión, visitaron o set de Atlántico TV para presentar o show desta tempada que terá lugar o 10 de decembro.
Onde vai chegar a gaita nesta ocasión?
Álvaro- Por fin estamos de volta despois do parón tremendo que cortou eses tres anos consecutivos de gala, onde abarcamos distintos estilos, temas e público. Levamos dous anos pensando como regresar, imaxina o que dá para sorprender! Hai xente que vai vir por cuarta vez a ver Mitic no García Barbón e temos que ofrecer algo diferente, subir un chanzo máis. A novidade é que se trata dun Mitic Spain, en español para o público poida cantar.
Suso-Este ano imos facer un karaoke, variando a gaita. Levounos moito tempo escoller os temas para este novo repertorio.
Volve a gaita a ser a solista indiscutible?
A-É a raíña da cerimonia. Mitic é un experimento, un achegamento diferente ao instrumento. A gaita está todo o rato soando fóra dos ámbitos onde acostuma xogar, mesturase con instrumentos de toda índole e estilos. Hai un par de frases que resumen o que é Mitic: “Descobre os límites da gaita e que che conte a banda sonora da túa vida”. Nós vimos dunha familia folclórica, pero hai xente a quen non lle gusta o folc, pero si lle pode gustar a gaita.
S. En Mitic, a gaita pasa por tódolos puntos, é a solista. Mostra un efecto camaleónico importante: coa guitarra eléctrica trabállase co acorde, depende do que se vai facer, trátase así o son. Tamén tocamos esa parte da gaita, melancólica, máis descoñecida que pode facer ata chorar.
Como se logra que a gaita deixe de soar folc?
A-Tiven que reaprender a tocar: Cando canta darlle o xeito como se vibrara; no caso do violín tamén é diferente; cando toma o lugar da guitarra como se fora eléctrica e por sorte temos moi bos referentes aquí cerca como Adolfo FH o Michel Araujo.
Amais de gaita e a percusión, cantos músicos hai en Mitic? A-Para non adiantar nada do que se van atopar, só imos recordar o que houbo en anos anteriores: Programamos coa Orquestra Clásica de Vigo, ocorreu a toma de case cen gaiteiros; os bailaríns de Media Punta encheron a sala de corido e confeti. Máis que un concerto, queremos que sexa unha experiencia. Coa gaita estou sempre no límite, polo que o risco de parecer que piso un gato é bastante curto. Mitic non deixa de ser unha experiencia onde se vai ver algo que non adoita ver, pero vai envolto con moito máis, ata unha invasión de gaiteiros.
S-Hai tres anos nevou dentro do García Barbón. A xente flipaba e eu tamén.
Canto traballo hai detrás do escenario para lograr sacar Mitic adiante?
A- Agora mesmo hai moito traballo de todo tipo, pero o que máis leva é a visibilidade. Aínda que teñas un produto tan exclusivo, é un traballo de chinos. Despois de levar seis años tocando algo tan distinto e arriscado, seguimos tendo que o explicar, non sei que hai que facer, unha performance? O espectáculo faise só, pero que se vexa é dificilísimo, dixo encárgome eu. Cris leva a parte visual e Suso a loxística.
Como dixeron hai antes, veñen dunha familia folclórica, Mitic é un paso máis?
A-Non un paso máis, un paso para un lado. Seguemos facendo folc. Estamos a preparar un novo traballo con Airiños de Castrelos, sería o sétimo, sen contar o que “nos roubaron”, como di o avó. O banda é unha das máis lonxevas de Galicia e hai anos, cando estaban nun ensaio, chegou un home e pregúntolles se podía gravalos para despois escoitalos. Era de Madrid e ao avó gustoulle que valorase a nosa música e deulle permiso, pero logo sacou un casete, fixo un disco que está na rúa.
Seguen entón a tocar en familia, con Polo?
A- Sempre tivemos a sorte de que compartira con nós a nosa música, pero aquí aínda non atopamos algo que queira tocar, propuxémoslle “The Final Countdown”, pero non hai maneira.
Contenido patrocinado
También te puede interesar