Tardo moito en cortar o cordón umbilical cos meus personaxes, disfruto con eles
É un dos novelistas vigueses de maior reclamo internacional, pero o éxito non lle subíu á testa. Afincado dende hai uns anos en Madrid, Domingo Villar (Vigo, 1971) compórtase como un mortal máis e segue a contestar ao teléfono sen cita previa.
Cada vez que se lle chama, ten novidades sobre a súa obra: unha película, unha nova traducción...Se hai uns meses era finalista nos prestixiosos premios Dagger, outorgados pola Sociedade Anglosaxona, nesta ocasión aspira a obter o premio sueco á mellor novela policiaca con Ollos de auga (2006). A súa reacción como sempre foi asumilo con absoluta normalidade.
As aventuras do seu detective non deixa de lograr recoñecementos, para cando unha nova entrega?
Xa está case. Penso que Cruces de Pedra sairá nos primeiros meses do 2012. O que pasa é que nunca quedo convencido; dame moita magua deixar marchar aos personaxes. Tardo moito en cortar o cordón umbilical porque disfruto con eles. Entendo que hai xente que teña curiosidade pero xa queda pouco.
Recibíu unha nova distinción internacional, esta vez dende Suecia, como senta para o seu ego?
Acollina con sorpresa e gratitude. Onte (polo venres) chamoume o meu editor sueco para mo dicir. Estou complacido e honrado porque o único español que o ten é Vázquez Montalbán. É un orgullo pensar que podo compartir premio con el ou con John Le Carré. Pero bueno é unha novela que teño algo esquecida porque escribina hai cinco anos. O que pasa que a traducción ao sueco saíu este verán.
Que ten Leo Caldas para ter encandilado a uns lectores tan coñecedores da novela negra?
Non teño nen idea. O primeiro é supor que a traducción é excelente, se cadra mellor que o orixinal. Coido que gusta que os personaxes sexan de carne e oso, con tramas normais e lugares cotiás.
A súa novela xa leva varias traduccións, ata que grado se implica no cambio de idioma?
Implícome nas linguas que son capaz: inglés, italiano ou inglés; a vindeira primavera sairá en portugués. Pero nas versións holandesas, rusas, letonas so podo fiarme e cando os libros teñen certa aceptación, quedo máis tranquilo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar