A taberna Eligio fai unha preestrea por Leo Caldas

Vigo

Coa reapertura dentro dun mes, o icónico bar foi escenario para un encontro privado entre Domingo Villar e os libreiros de Vigo

a. baena. vigo
Publicado: 09 feb 2019 - 01:34 Actualizado: 10 feb 2019 - 02:09
Domingo Villar, no Eligio, no encontro privado deste xoves cos libreiros da provincia para falar da súa nova novela.
Domingo Villar, no Eligio, no encontro privado deste xoves cos libreiros da provincia para falar da súa nova novela.

nnn A taberna de Eligio, foco de creación artística da cidade, volveu este xoves ao circuito cultural, ao acoller o encontro privado entre o escritor Domingo Villar e un grupo de libreiros vigueses para presentarlles un novo caso do insector Leo Caldas, “O último barco”.

Tal e como xa adiantou Atlántico hai dous días, a reapertura de El Eligio está prevista para dentro dun mes, en marzo, a nova dirección aproveitou esta reunión para facer pública a nova etapa da taberna que tras un lavado de cara, pretende manter a esencia que lle deu sona.

Pero a importancia desta xuntanza radica non só no regreso dun lugar icónico do mundo das artes, senon tamén a volta dun personaxe ficción que o mesmo Domingo Villar ubicou neste mesmo bar. A anterior novela protagonizada por Caldas, “A praia dos afogados”, foi publicada hai unha década, polo que a nova publicación espertou unha grande expectación entre os seus seguidores.

O evento privado, organizado polas editoriais, Domingo Villar (Vigo, 1971) presentou diante dalgúns dos libreiros máis activos da provincia “ O último barco”, que verá a luz o vindeiro 6 de marzo simultáneamente en galego, de man de Galaxia e na súa tradución ao castelán, que será publicada por Siruela.

Precisamente, a editora en español, Ofelia Grande, afirmou nesta reunión que Villar puxo Vigo no mapa e fixera viaxar ata os enclaves da Ría a milleiros de lectores en todo o mundo no popular turismo literario. n

Contenido patrocinado

stats