A sutileza da liña que fía Nerea Cordeiro
A artista inaugurou “Sobre debuxar, fiar e habitar” na Deputación, mostra que permanecerá en sala ata o día 25
“Entendo a arte como un medio a través do que canalizar memorias e vivencias. Ao tempo que recoñezo unha certa tendencia cara á a repetición en tódolos meus traballos”. Así presenta a súa produción Nerea Cordeiro (Pontevedra, 1999), a artista que onte inaugurou a mostra “Sobre debuxar, fiar e habitar” na sala Maruja Mallo, da Deputación.
A artista declara perseguir “constantemente as mesmas inquedanzas e preguntas, aínda que formuladas de múltiples xeitos, que en último termino atopan a súa transposición na arte. Estas poden definirse a través do significado que lle confiro a dous infinitivos en particular: fiar e habitar”. Autodefiniuse como “unha artista multidisciplinar, que adoita traballar coa instalación e coa intervención”.
Nas súas obras crea escenas, atrapadas entre as liñas que se confunden cos fíos. O trazado, sen cromatismo, ante o fondo branco constrúe un universo envolto. Transcorre entre os límites do debuxo e da escultura.
As pezas están integradas nas súas últimas series “Cidades telaraña” e “Figuras de cordas” e permanecerán en sala ata o día 25. Dous días antes da clausura, organizarase un percorrido guiado pola artista, ás 19 horas. Cordeiro está a facer un mestrado en Investigación da Arte Contemporánea na Universidade Complutense.
“É unha mostra na que Nerea mestura linguaxes artísticas diversas: desde debuxo ou gravado ata a intervención espacial”, afirmou a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, onte na presentación da exposición. Aproveitou para felicitar á artista, ante os numerosos premios, certames e exposicións que a avalan, “só hai que ver a túa obra para entender por que; estou segura de que tes un futuro máis que brillantes por diante”, apuntou. Sánchez remarcou o compromiso da administración provincial co “talento creativo da provincia” e destacou “o poder transformador da cultura, especialmente da arte”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Mundial 2026
Dos pantallas gigantes en Vigo para ver el Mundial
Tenis en silla | Wimbledon
De la Puente y Spaargaren avanzan a semis en dobles