Susana Villaverde gaña o Premio de Memoria Histórica da Deputación

Publicado: 21 mar 2023 - 01:24
Susana Villaverde recolleu o premio que convoca a Deputación e a ESAD.
Susana Villaverde recolleu o premio que convoca a Deputación e a ESAD.

O departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, da man da deputada María Ortega, entregou hoxe o premio do seu terceiro certame de Microteatro de Memoria organizado en conxunto coa Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg) a Susana Villaverde García, alumna da ESAD, orixinaria de Vigo e veciña de Redondela, pola súa peza ‘Espigas negras’, que fala da revolta dunhas mulleres na defensa do gran que precisaban para facer o

pan e que lle querían ‘roubar’.

Villaverde García recolleu o diploma acreditativo, unha libreta de coiro e un bolígrafo coa imaxe institucional do certame para que “escriba alá onde lle veña a inspiración”, segundo a deputada de Memoria Histórica María Ortega, quen confirmou que nos vindeiros días recibirá na súa conta os 500 euros do premio económico. A autora agradeceu o premio á Deputación salientando a súa grande ilusión “ por ser o primeiro”. Tamén deu as grazas “ás mulleres da miña familia. A todas as que viron antes ca min e que son as que me permitiron coñecer a historia e situarme fronte a ela e abordala”. Explicou que ‘Espigas negras’ é unha peza que xurdiu “dunha comuñón entre o íntimo e o documental” abordando a historia das mulleres do Saviñao que en 1946 enfrontáronse ao réxime franquista.

Contenido patrocinado

stats