Del 10 al 12 de junio
Radar Atlántico: música en directo y sabor gallego
O PP destacou a moita asistencia a todos seus mítines e os nacionalistas fixeron fincapé nas moitas obras feitas para todos
Onte pola noite os populares celebraron con orquestra a romaría de fin de campaña no fermoso adro de Darbo, que rexistrou unha excelente animación. Antes, pola tarde, o presidente do PPdeG e da Deputación, Rafael Louzán Abal, fixo un percorrido pola vila acompañando ao alcaldable, Sotelo Villar, que pola noite tivo o apoio do concelleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández.
Cada venres hai mercado ambulante en Cangas, e onte foi aproveitado polas candidaturas para facer o último gran reparto de propaganda e voto. Sotelo, que participou no reparto, destacou a grande asistencia de público a todos os mitins, ata nos barrios máis pequenos, aproveitando para agradecer ese interese por escoitar as propostas do PP.
O BNG, pola súa banda, tamén fixo onte ese último esforzo por tratar de manter a Alcaldía, coa participación da propia alcaldesa e candidata, Clara Millán, que aínda así non deixou de lado as súas obrigas ao fronte do Concello nin no último día de campaña.
Cunha cea pechou campaña o BNG, destacando que 'nos últimos 4 anos tense realizado o maior esforzo transformador da historia de Cangas'.
Contenido patrocinado
También te puede interesar