Sons vangardistas e vertixinosos á hora do xantar na entrada de Minas
O ciclo VertixeVigo13 é un programa de concertos e actividades que ofrece unha panorámica ampla e desprexuizada da creación sonora internacional.
Organizado polo colectivo Vertixe Sonora Ensemble, o ciclo tivo o pasado xoves unha primeira parada no campus vigués, cun concerto da entrada da ETS de Enxeñaría de Minas titulado 'Xardín Urbano'.
Estudantes, docentes e traballadores do centro puideron asistir a unha pouco habitual demostración de sons vangardistas e música contemporánea da man de Pablo Coello ao saxofón, Criptana Angulo ao violonchelo, Diego Ventosa á percusión e Ramón Souto na difusión de son. Estes catro músicos conforman Vertixe Sonora Ensemble e, nesta ocasión interpretaron 'Contrapunto Urbano', peza composta polo mexicano Víctor Ibarra en 2013 para saxofón, tenor e violonchelo, e 'Un jardín primitivo', tamén de 2013, composta polo arxentino Santiago Díez Fischer con trío amplificado para saxofón, barítono, violonchelo e percusión.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas