O Sonoro Maxín: “Queremos que a nosa música mova os pés, pero tamén a cabeza”
"Dalgunha maneira vémonos como herdeiros desas orquestras galegas que foron a intentar triunfar a América", explica a banda ourensá O Sonoro Maxín
Cunha cumbia que non é tal chega a Cangas, as 22 horas na sala Adro, a banda ourensá O Sonoro Maxín, que en 2027 cumple 20 anos sobre os escenarios.
Chegades coa xira “A primavera ten que ser nosa”. Que ten a primavera para O Sonoro Maxín?
É un momento vital no que as cousas nos van ben, no que vemos que o campo quere florecer, as árbores teñen froito, chove e fai sol. Temos claro tamén que é unha loita, por iso berramos no noso último CD “A primavera ten que ser nosa”. É unha querencia, un desexo. Hai moitos factores que van a intentar que non sexa nosa e que sexa doutras persoas, pero nos compartimos esa loita grupal, da comunidade, para reivindicar este momento maravilloso.
O son do Sonoro Maxín caraterízase pola fusión con ritmos tropicais…
Si, sempre tivemos moito arraigo na visión da nosa Galicia tropical. Dalgunha maneira vémonos como herdeiros desas orquestras galegas que foron a intentar triunfar a América. Non o fixeron, pero trouxeron de volta esas músicas tropicais que recoñecemos. A nosa cumbia non é nada cercano a cumbia é algo máis cercano a Galicia e Ourense, en concreto. A nosa cumbia non é cumbia nin é nada. É unha cousa que facemos tendo a idea de a cumbia como baile popular, con acordeón, música de festa.
Pódese loitar estando de festa?
Nós levamos anos tentando iso, que a nosa música, ademais de mover os pés tamén remova un pouquiño a cabeza, as ideas, a conciencia. Hai moitos grupos en Galicia que unen estas dúas características de festa dalgunha maneira.
Que van atopar os fans no concerto?
Agora mesmo estamos no escenario cinco músicos, está o sonidista abaixo tamén botando unha man, facendo os seus efectos, pero no escenario somos cinco: batería, percusión, baixo, guitarra, e eu que entre o acordeón e o teclado e as voces fago o que podo. Estamos nun momento de transición, intentando renovar o noso son, aportando esas cousas da maxia dixital das grabacións fóra do directo, facendo pequenas aportacións á algúns temas. Dende o verán pasado que empezamos con esta nova andaina o grupo aínda se está acostumbrándo a ela.
Cumplides 20 anos en 2027…
Nin nos dimos conta. Pasaron tantas cousas… moitas delas foron moi positivas e outras foron moi duras, pero nin nos dimos conta ata que contando hai uns meses nun ensayo acordámonosde que facíamos no 2027 os 20 anos do noso primeiro concerto, que foi nun Reperkusión en Allariz, no 2007. Imos intentar facer o aniversario durante todo o verán, estamos barallando varias ideas.para presentalo e para facer vídeos para ir celebrando coa xente que nos quere, co noso público. Estamos contentos de seguir aí, dando guerra, e facendo cancións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar