Solicitudes abertas para 'Acción Verán 2012'
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca, unha vez máis, a Campaña de Verán 2012, para favorecer que a xuventude empregue parte do seu tempo vacacional en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan 'para divertirse e tamén para o enriquecemento persoal e vital, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional'.
As actividades da campaña están dirixidas a todos aqueles mozos que desexen pasar un verán cooperando en iniciativas sociais ou compartindo experiencias con outros rapaces en campamentos de todo o estado, unha forma económica e divertida de axudar. As persoas interesadas poden presentar as solicitudes no CIM (Antiga Estación do Tranvía de Panxón), Estrada pola Vía, nº65, Panxón, de luns a venres de 8:00 horas ás 15:00 horas e xoves de 16:00 horas ás 19:00 horas. Para mais información poden dirixirse ao CIM, chamar ao 986 383081 ou no correo electrónico omixnigran@nigran.org.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último