O simposio Ecolingua trata de vender o galego dende a información e a seducción
Medio cento de especialistas abordarán a situación da lingua perante tres días en Vigo
Información e seducción. Son as dúas armas para falar da situación do galego que se empregarán no Simposio Internacional Ecolingua, un evento aberto ao público que atraeu a tódolos colectivos e institucións implicadas neste debate perante tres días (ata o sábado) no Centro Social Caixanova. Nunha Comunidade na que o 97% da poboación entende o galego e o 90% é quen de falalo e cando o idioma está aínda lonxe de estar normalizado, xurdiron colectivos que falaban de imposicións. O simposio tratará de botar por terra democraticamente esas falsas teorías sobre a imposición do galego, primeiro porque non son certas e además son perniciosas porque rachan co consenso sobre o idioma que perante moitos anos existíu neste país. Ésta é a opinión de Anxo Quintana, presidente do Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos, que organizou o encontro en colaboración co Concello de Vigo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, Caixanova e a Universidade de Vigo. Máis de 20 conferencias e mesas redondas nas que participarán medio cento de especialistas galegos, doutras partes do Estado e doutros países plurilíngües para coñecer as súas experiencias. O simposio foi inaugurado onte polo tenente de alcalde de Vigo, Santi Domínguez, e Antón Reixa como membro do IGEA. O edil nacionalista afirmou que é preciso trasladar á sociedade que o galego non é un problema, senón un valor. Na súa opinión os galegos debemos estar orgullosos de ter unha lingua propia, tamén os que non o empregan de cotío.
Rafael Cuíña pediu grandeza de miras e compromiso co noso aos políticos
A conferencia de apertura, O galego é de todos, correu a cargo do empresario Rafael Cuiña, fillo do desaparecido Xosé Cuiña (o eterno delfín de Fraga), quen amosou a súa tristura polo momento complicado para un dos símbolos e alicerces fundamentais da cultura dun pobo como é a súa ferramenta de comunicación. Cuiña dixo que hai unha lexión de galegos dispostos a defender o idioma ante un futuro lingüístico incerto, e engadíu que o galego é de tódolos colectivos sociais e tamén de tódolos partidos políticos. O empresario pedíu grandeza de miras para utilizar a lingua propia e denunciou ás asociacións que se disfrazan de defensores da liberdade lingüística, e presionan a gobernos, cando en realidade son monolingüistas que consideran á lingua nai desta terra como un elemento accesorio. Rematou reclamando aos políticos compromiso co noso e lembroulles que teñen unha responsabilidade ante a Historia desde pobo. A continuación, o profesor da Universidade Henrique Moteagudo presentou os últimos dados do mapa sociolingüístico de Galicia. Na sesión de hoxe e a partires das dez da mañán falarase da lingua no ensino, na política, nas institucións e nas empresas. Tamén se presentará o caso do galés, as linguas eslavas e Luxemburgo. O sábado, un dos actos será un debate no que tamén estará o colectivo Galicia Bilingüe.
Contenido patrocinado
También te puede interesar