SÉS: "Cantarei mentres a xente queira, pero non pasa nada se teño que volver a servir churrasco"
Cantante. Actúa o 17 de xaneiro no Teatro García Barbón
María Xosé Silvar (A Coruña,1982), mais coñecida como SÉS, presenta novo álbum, “Narrando na incerteza”. Sempre natural 100%, añadiu o seu disco un libro onde reflexiona sobre as súas composicións. Actuará o próximo 17 de xaneiro no Teatro García Barbón.
“Nadando na incerteza”, por que ese nome?
É a primeira canción do disco. Fala precisamente desa situación que eu creo que vivimos a nivel social e tamén a nivel individual. Esa desubicación. Estamos nunha desinformación informada, onde todo se dilúe. Por tanto, apela un pouco a iso. É un sentimento que os seres humanos temos que convivir con él, pero neste momento histórico está tremendamente agudizado.
É o teu traballo máis íntimo?
Todos son íntimos por igual. Pero este disco o gravei eu. Graveino todo. Microfonei as guitarras, os bombos, as maracas… entón, pódese dicir que é moi meu. Está gravado nun estudio que eu fixen na miña casa, porque a min gústame moito esa parte da música. Sería feliz cableando un estudio. Procuro ser sempre transparente.
Leva na música dende o 2011 con seu primeiro disco “Admirando a condición”. Son 14 anos de carreira, queda Sés para rato?
Iso non o podo dicir eu. Teno que dicir o público. O que podo dicir e que para min facer música é un privilexio e son moi feliz. A música é o meu fin. Pero como boa licenciada que son en letras, teño moita experiencia en hostalaría. A miña vida laboral son dez anos de poñer churrasco e case quince de música. Cantarei mentres a xente queira, pero non pasa nada se teño que volver a servir churrasco. Non se me caen os aneis. Pero como felicidade, mentres aguanten os osos, eu quero seguir cantando. A non ser que a xente xa non me queira escoitar.
O 2025 foi moi activo a nivel de concertos e festivais para Sés e puido compartir escenario con Fermín Muguruza.
Cando era chavala e comezaba coa música, a xente dicíame que estaba en todos os lados. Non tiña esa noción, nin lle daba unha importancia. Tomo o cantar coma un oficio e non lle debo reverencia ou importancia, nin como facedora nin como consumidora. A min prefiro ir ver a calquera cantante galego en directo que ver os Red Hot Chilli Peppers. Eu son feliz así, levando o meu oficio ca dignidade e ca coherencia que me é posible. Ca mestría que me vai sendo posible, porque realmente eu non son música. Ademais, a palabra éxito paréceme moi desafortunada. Creo que son natural, non me gusta a impostura. E non odio nada, porque non me gusta odiar. Sempre digo que creo que unha persoa minimamente intelixente non pode odiar a ninguén. Por iso, no ámbito musical nunca acabei de caer ben, porque é un ámbito de moita impostura. Como se tes que molar todo o rato. Ese rollo non me vai.
Estamos non ‘boom’ da música en galego nos últimos anos. Cómo o valora?
Aquí temos que falar de dúas cousas. Sobredimensionar o momento actual é un erro. Quero dicir con isto que o momento actual é marabilloso, pero vexo unha lectura moi simplista cando vexo como se comporta a xente. Primeiro, por desmemorizada, e despois por sesgada. Vivimos un gran momento da música galega, pero dun espazo moi concreto da música que é a electrónica ou a música mesturada coa tradicional. Iso ten un impacto lingüístico moi pequeno. Teríamos que ver se se fai voluntariamente a música en galego ou se toma como opción. E segundo, dicir que isto é un momento sen precedentes tamén é un erro. Vivimos o segundo gran momento de explotación por parte da industria musical, porque eu que teño 43 anos vivín o primeiro. Nesa época nas televisións estaban Carlos Núñez, Susana Seivane, Luar na Lubre, Cristina Pato… A finais dos anos 90 e principios do 2000 estabas en calquer bar e había unha cantidade de gaiteiros cun nivel brutal. E todo o mundo comezou a tocar gaitas. Iso sucedeu porque a industria musical quixo explotalo, e porque había que seguir facturando. A música electrónica en galego estase a vender moito, pero tamén creo que son os últimos coletazos desa música. Desa mestura que empezou Rosalía a facer, de unir o urbano coa música da raíz. Dito isto, estou moi contenta de que existan un millón de gaiteiros e cantareiras, pero non temos que esquecer que vivimos no peor momento da historia de Galicia a nivel lingüístico.
Con quen lle gustaría a SÉS colaborar nunha canción?
Con ninguén. Non quero colaboracións. Facer música é coma ter un fillo, non queres que o cuide outro. Ten que haber unha afinidade e un respeto mutuo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar