Sempre fun un rebelde que cos anos me fíxen máis radical; a política é para min, un combate
Voceiro de Anova e de Alternativa Galega de Esquerda (AGE)
Nacemento:
Santiago de Compostela, 1936
Ocupacións:
Catedrático de Estructura Económica en Santiago e parlamentario con Alternativa Galega de Esquerda
Traxectoria política:
Membro fundador do Partido Socialista Galego na clandestinidade en 1963
Constitución do Bloque Nacionalista Galego en 1982
Encabeza a corrente crítica do BNG, Encontro Irmandiño en 2005
Constitúe Anova en 2012 e preséntase ás autonómicas con EU en Alternativa Galega de Esquerda acadando nove escaños.
Xosé Manuel Beiras, dirixente do nacionalismo galego, encheu onte o pequeno aforo na librería Andel na presentación do seu libro Exhortación á desobediencia, unha escolma de textos que vai dende o manifesto de Láncara ata a constitución de Anova. Aproveitando a súa visita á cidade, falou longo e tendido para Atlántico sobre esta reflexión e da súa herdanza política. Só se negou a comentar da situación actual de AGE no Parlamento.
Nesta publicación invita a cidadanía a movilizarse. Esa é a resposta a situación actual?
Invítoa a que exerza o seu dereito nun sistema democrático. A soberanía pertencelle a cidadanía que a delega nos seus representantes, pero cando estes lle traizoan teñen dereito a participar mediante a través da desobediencia cívica.
O máis semellante foi o movemento 15M que non prosperou. Faltoulle o enlace político?
O 15M foi unha irrupción volcánica, unha reacción social, pero require dunha organización que leve as súas propostas máis alá da simple explosión. Agora establecéronse en plataformas para actuar sobre casos concretos como as hipotecas, os parados, a sanidade pública. Para ter logros o primeiro que teñen que facer é articular un movemento conxunto e levalo a campo político, usando as ferramentas xa existentes, ou creando as súas propias. É moi fácil de dicir, pero moi difícil de facer. Aposto por un proceso de cambio que vai a máis.
Cal é a diferencia entre a desobediencia cívica e o balbordo?
A manifestación é un xeito de movilizarse, pero iso non logra nada. A desobediencia non implica indisciplina, todo o contrario. Non admite o balbordo. A clave está en que o 80% do electorado, incluindo o do PP, está descontento co goberno. Aquí é cando as forzas de esquerda teñen que estar ben conectadas para respostar, por iso teñen que recuperar a conexión coa cidadanía.
Neste libro expón o seu ideario político. Como evoluíu este ao longo da súa traxectoria?
No fundamental non cambiou, si o fixen na maneira de expresalo. Sempre fun un rebelde. Vivín máis de 40 anos no franquismo e estiven na clandestinidade. Cando traballei nas administracións mantiven ese cerne. Algúns me denominaron tolo ou demonizáronme. Agora dirixímonos a xente que non vivíu a dictatura ou non a sufríu, entón cambia a actitude e a linguaxe. Un tamén aprende das experiencias e das frustracións. Penso que cos anos fíxenme máis radical.
O comportamento polémico no Parlamento resposta a esa rebeldía?
Cando un dá razóns e argumentos de peso, gaña os debates, pero non vale de nada porque os do goberno seguen a consigna de votar contra todo, chega a frustración. É un xeito de demostrarlle aos cidadáns de que hai alguén que protesta ante as decisións inxustas, que non é un máis. A xente ten que sentir que é como se estivesen eles mesmo no Parlamento. Ademais é a miña maneira de ser. Eu non son un político profesional. A miña vocación é o ensino na Universidade. Vexo a política como un combate.
Por que sentíu a obriga de volver?
Vinme obligado. Eu non quería ir ao Parlamento, pero había moitas presións para que encabezase unha lista que eu mesmo promocionei. Non podía guindar a pedra e esconder a man. Foi difícil porque a política institucional embrutece. Estaba máis cómodo na miña situación, exercendo un labor pedagóxico e dando charlas.
Que lle parece que o califiquen de antisistema?
Faime moita gracia. Eso é malo ou bo? É mellor estar co sistema que castiga aos cidadáns ou a favor da xente. Non me importa nada que me chamen antisistema.
Como ve o futuro de Anova?
Se a actual Anova non é quen de chegar á madurez, xurdirá outra con novas formas e nova xente. É o pobo e os cidadáns os que crean os partidos, non os iluminados. Cando ao pobo lle deixe de interesar, simplemente morrera.
Por que en Galicia hai tanta resistencia ao galeguismo?
Porque é un país colonizado, onde a clase dirixente (empresarios) queren parecerse ao que domina.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Balonmano | División Oro
El Carballal busca en casa la tercera victoria de la temporada
Balonmano | División de honor
Fin de año asequible