San José de La Guía inicia a terceira ruta xacobea

vigo

Durante o percorrido se formarán como mediadores de conflitos

redacción. vigo localad@atlantico.net

Publicado: 09 may 2018 - 02:00 Actualizado: 10 may 2018 - 02:54

Los alumnos de 6º de Primaria y de la ESO salieron ayer desde Tui.
Los alumnos de 6º de Primaria y de la ESO salieron ayer desde Tui.

n n n Vintecinco nenos e nenas do colexio San José de La Guía, acompañados de varios docentes, iniciaron onte en Tui o III Camiño de Santiago Solidario. Esta iniciativa ten un dobre obxectivo, xa que o Camiño vai servir para que se formen como axentes do proxecto posto en marcha polo centro para previr o acaso escolar e formarse como mediadores de conflitos, pero ademáis a través do recadado como apoio á andaina van axudar a un proxecto educativo para 35 mozos e mozas que a ONG Taller de Solidaridad ten en Urcos, un pobo do Perú. Os escolares de 6º de Primaria e da ESO que están a facer o Camiño foron elixidos polos seus compañeiros e compañeiras por se ter destacado este curso polas súas actitudes de solidariedade, axuda aos demáis e compañeirismo. Onte, a primeira hora da mañá, saíron de Tui “con moita ilusión”, segundo dixeron, e con “moitas ganas” de vivir una experiencia de convivencia e formación.

Ao longo desde días de Camiño os nenos e nenas traballarán en valores como o esforzo, a axuda aos demáis, o compañeirismo ou a solidariedade. Tamén recibirán formación sobre cómo previr o acoso escolar, a resolución pacífica de conflitos e a mediación escolar.

O vindeiro curso este grupo pasará a formar parte do equipo de mediación do colexio San José de La Guía. Está previsto que o sábado cheguen a Santiago despois de percorrer cinco etapas do Camiño de Santiago Portugués e o domingo rematarán esta experiencia cunha misa na catedral. n

Contenido patrocinado

stats