Rubén Pérez: “O que non é inaugurable non lle interesa ao goberno local”

Entrevista

Rubén Pérez (Marea de Vigo).
Rubén Pérez (Marea de Vigo).

Rubén Pérez, portavoz municipal de Marea de Vigo, lamenta que o goberno local “tome decisións coma se o ano pasado non pasou nada”.

Cal é a súa valoración destes últimos dous anos no Concello?

Foron inclasificables, calquera plan dun goberno ou oposición no 2019 quedou trastocado coa pandemia. Pensabamos que podería haber algún relaxamento na actitude do goberno local pero non hai máis democratización. No inicio da pandemia houbo unha resposta intelixente, asumindo posicións que serviron de colchón, pero logo comezaron as escusas. Non se fixo todo o que se podía, como por exemplo con axudas á hostalaría ou ao pequeno comercio.

Está a ser complicado facer oposicón en Vigo?

Vigo é un lugar complicado como o foi Marbella. É o problema das maiorías absolutas entendidas de maneira personalista.

Cal é a folla de ruta de Marea de Vigo?

Creo que ningún partido pode facer unha folla de ruta, nada ten que ver coa política anterior. Seguimos querendo consolidar un espazo municipal, plural e con diversidade.

Marea amosouse crítica coa xestión dos remanentes.

Vigo decide como que no último ano non pasou nada e vemos que o que non é inagurable non interesa. Redúcense algunhas partidas sociais e acaba en cuestións como humanizacións. A cidade está encantada, pero gastar dous millóns de euros no Nadal ou na reforma da Plaza Elíptica poder resultar polo menos cuestionable nestes momentos.

Volverá a ser como candidato en 2023?

Verase no futuro, haberá que facer una reflexión colectiva no espazo que é Marea de Vigo, pero sempre se está motivado para traballar polo municipal.

Contenido patrocinado

stats