METEOROLOGÍA
Una masa de aire frío y nevadas reciben el invierno
Músico e intérprete do Bierzo con alma galega
Mañá chega ao teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia co seu último traballo Trovadores, románticos, libertarios. Días antes da súa actuación, dende o seu estudio de Madrid, desvelou a Atlántico a esencia desta coidada selección de poetas, un tanto ecléctica, que din moito do intérprete. Orgulloso de ser do Bierzo, escolleu o galego para contestar a entrevista, xa que como confesou na miña casa cantabamos moito, e como é normal na miña terra, facíamolo en galego.
Comeza la lírica medieval galaico- portuguesa e acaba con autores contemporáneos como Chicho e Ferré. Cal foi o criterio na selección dos versos a musicalizar?
Admito que lle din moitas voltas. preparando este disco coa ilusión do primeiro traballo e coa responsabilidade do último. Ante a imposibilidade de facer unha antoloxía máis ampla, apostei por tres pilares que sempre me interesaron: a lírica medieval galego- portuguesa, a nova cantiga con Cunqueiro e os seus continuadores, para dar un chimpo ata o Romanticismo con Gil y Carrasco, Rosalía e Bécquer. Non me podo parar moito en Rosalía ou non acabaría nunca. A parte final adícoa a tres amigos: o francés Ferré, a García Calvo e a Chicho. O nexo de unión é comezar cunha exaltación ao amor físico e perenne para finalizar cunha a conciencia e o pensamento.
Pese a non ser galego, considéraselle un dos principais embaixadores da lírica galaica. Como se xordíu este vencello?
Por afinidade xeográfica e emocional. Sempre cantei a Rosalía, Celso Emilio Ferreiro ou Xoán Cabana con cariño. É algo que mamei no Bierzo, onde cantabamos moito tanto en galego como en castelán.
Sen dúbida son os versos de Rosalía cos que máis se lle identifica. Que atopou na poetisa?
A primeira cantiga que fixen con versos de Rosalía foi en Valladolid, e sentín por primeira vez que a poesía serán as verbas que encendían un lume no meu peito. Ese día, con Rosalía gañei o primeiro premio, a Galleta de Oro e 10.000 pesetas, que era o que custaba a guitarra que vira o día anterior no escaparate. Con ela e outra vez con Rosalía me abrín as portas do outono de París.
Pensa que coa crise o público mantén a sensibilidade lírica?
Non sei. Quizais as épocas de incerteza son as que obligan a replantexar a situación. E iso é o que fan os poetas: levantar a luz coa que iluminar. Esto é o que tentarei transmitir no meu concerto en Vigo, unha reunión íntima entre amigos.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
fútbol | tercera federación
Hacia la zona noble
voleibol | superliga 2
El Vigo cierra el año ante un rival directo en Gijón