“Rompe. Xoga en Igualdade” converte a Barbie en real
ANTE EL DÍA DE LA MUJER
A presidenta da Deputación acompañada polas deputadas provinciais inaugurou en Pontevedra a provocadora mostra
nnn "‘Rompe. Xoga en Igualdade’ nace para loitar contra todas as inxustizas, para rachar coa desigualdade e construír un mundo mellor". Así o asegurou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, na inauguración da mostra de poesía visual que, a través de 18 paneis e de vitrinas con bonecas Barbies "intervidas", amosa as situacións de desigualdade, violencia e discriminación que sofren as mulleres ao longo de toda a súa vida desde o momento no que nacen. Para inaugurar a mostra, que estará dispoñible no Pazo provincial ata o vindeiro 8 de abril, Carmela Silva estivo acompañada polas deputadas provinciais Eva Vilaverde, Digna Rivas, Chelo Besada e Montse Magallanes e polas creadoras da mostra, Isabel Blanco, Irene Silva e Noemí Chantada, así como dos deputados provinciais aos que a presidenta agradeceu "que estean presentes sen subir ao escenario porque estamos fartas de fotos de homes, queremos fotos de mulleres porque queremos o que nos corresponde, a metade de todo".
"Rompe. Xoga en Igualdade" é unha mostra "extraordinaria, vangardista, rompedora, provocadora mostra ideada por grandes mulleres que son valentes mesmo sabendo todo o que teñen que padecer por defender algo tan fermoso", asegurou Carmela Silva. "Ao abrir o catálogo arrepía a pel e abre as nosas conciencias", afirmou a Presidenta da Deputación de Pontevedra, que ten claro que "vai dar moito que falar porque amosa a realidade cruel das mulleres a través dunha boneca que non nos representa a todas" senón que, máis ben, é unha "muller-obxecto delgada, elegante e cun armario cheo de vestidos de todo tipo, que sempre está á disposición do seu Ken" pero que, a través da súa intervención, "convertémola nunha boneca digna", asegurou Carmela Silva.
Carmela Silva asegurou que "estamos fartas porque levamos séculos loitando e, grazas ás feministas, avanzamos moito. Todos eses avances conseguidos polas feministas construíron un mundo mellor para todas e para todos". A mostra recolle temáticas como a beleza, a prostitución, os ventres de aluguer, o matrimonio infantil ou o maltrato, entre outros. A presidenta provincial reivindicou que "hoxe estamos aquí mulleres loitando por un mundo diferente no que todas e todos teñamos a posibilidade de ser iguais, libres e construír espazos e territorios xuntas e xuntos". n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último