A roda de desigualdade que hai que parar

Coordinado por Yolanda Castaño, as poetas Blanca Trigo, Chus Pato, Silvia Penas e Lorena Souto compartiron as súas palabras poéticas como denuncia

Publicado: 03 nov 2023 - 02:30 Actualizado: 03 nov 2023 - 14:14

Con motivo do 25N, Día contra a Violencia de Xénero, a Delegación do Goberno e o Concello promoveron onte no Marco o espectáculo poético “Traga”.
Con motivo do 25N, Día contra a Violencia de Xénero, a Delegación do Goberno e o Concello promoveron onte no Marco o espectáculo poético “Traga”.

Con motivo do 25N, Día contra a Violencia de Xénero, a Delegación do Goberno e o Concello promoveron onte no Marco o espectáculo poético “Traga”. Coordinado por Yolanda Castaño, as poetas Blanca Trigo, Chus Pato, Silvia Penas e Lorena Souto compartiron as súas palabras poéticas como denuncia, reflexión ou como xeito de dar voz ás mulleres silenciadas como no caso Pato que fala por María Magdalena “ela representa os corpos e os almas de todas as mulleres que son prostituidas”. Acompañounas Ana Xesto, cunha performance que representou a roda do machismo e todo o que teñen que “tragar” as mulleres.

Aplaudidas por Carmela Silva e por Pedro Blanco, a concelleira puxo de manifesto a gravidade da violencia machista, “cada ano o número de asasinadas é maior”, mentres o delegado de Goberno apuntou que as cousas se cambian “con educación, sociabilización e con cultura, pero tamén dende o Goberno con investimentos e lexislación feminista”. Pola súa banda, o alcalde Abel Caballero reclamou “unha gran revolución permanente”.

Contenido patrocinado

stats