Ricardo Portela, gaiteiro de Viascón e de Vigo

Abre na sede local da Deputación (Rúa Chao) unha exposición sobre un dos grandes referentes da música tradicional

A exposición foi aberta onte por Luisa Sánchez, vicepresidenta da Deputación.
A exposición foi aberta onte por Luisa Sánchez, vicepresidenta da Deputación. | Atlántico

A sede da Deputación en Vigo acolle desde ata o 23 de outubro a exposición ‘Ricardo Portela, inmorrente’, unha mostra dedicada á vida e á obra dun dos grandes referentes da música tradicional galega e que ten rúa en Vigo desde 1992. A inauguración contou coa participación da vicepresidenta provincial, Luisa Sánchez, do comisario da exposición, o gaiteiro Óscar Ibáñez, e do músico Wenceslao Cabezas. A mostra, organizada pola Deputación de Pontevedra e a Asociación Cultural Pai da Cana, percorre a traxectoria vital e artística de Ricardo Portela a través de paneis, fotografías, instrumentos, vestiario, obxectos persoais e material discográfico. A exposición xa pasou polo Pazo provincial e pola Casa do Pobo de Viascón, onde naceu Portela, e chega agora a Vigo, unha cidade especialmente ligada á súa historia.

Durante a inauguración, Luisa Sánchez salientou precisamente ese vínculo e que “volve a casa”: “Esta exposición tiña que pasar por Vigo”, unha cidade á que Ricardo Portela chegou en 1932, con só doce anos, e onde recibiu as ensinanzas de Xosé Oliveira Blanco, alcumado ‘Pepe o Moreno’, integrante dos Morenos de Lavadores. “Unha parte do que hoxe entendemos como o son de Ricardo Portela comezou nesta cidade”, sinalou A vicepresidenta fixo referencia ás fotos da portada do primeiro disco dos Irmáns Portela, realizadas no Castro e no pazo Quiñones de León. “É a fotografía dun músico nacido en Viascón, pero que escolle Vigo para deixar retratada tamén unha parte da súa historia”, apuntou.

Contenido patrocinado

stats