“Resultou complicado que o público non vise no teatro ao Touriñán que coñecen e si ó personaxe”

XOSÉ A. TOURIÑÁN Actor que intepretará a Santi en “Monólogos dun imbécil”

Xosé Touriñán estará en breve de volta pola comarca. Así chega a Cangas o 17 de septembro con "Monólogo do imbécil", obra coa que encheu hai uns meses o auditorio municipal de Vigo e coa que regresará ao teatro García Barbón en xaneiro de 2017. Sobre este personaxe y sobre a montaxe falou para os lectores de Atlántico Diario.

ANA BAENA. VIGO abaena@atlantico.net

Publicado: 31 ago 2016 - 11:29 Actualizado: 01 sep 2016 - 11:27

Touriñán na pel de Santi, en “Monólogo do imbécil”.
Touriñán na pel de Santi, en “Monólogo do imbécil”.

Que tipo de monólogo propón nesta ocasión: un contacontos ou un "stand up"?

É un texto escrito en 2002, antes de que chegasen os monólogos do Club da Comedia. Trátase dunha obra de teatro, de José Prieto, gañadora dun Premio Max. Aquí non hai xogo co público, nin improvisación, non hai nada máis que un personaxe en escea.

Pero sempre en tono de humor?

Si. É unha comedia protagonizada por Santi, un imbécil que o é porque a xente llo fai crer. Realiza un percorrido da súa vida dende que era un espermatozoide e un óvulo ata o momento actual no que se atopa ante o público.

Que lle supuxo preparar un personaxe tan diferente aos que interpreta normalmente?

Ata agora foi o máis me custou. Primeiro porque tiña que aprender un texto e estou eu só, sen ninguén que me poida botar unha man. Ademais coincidíu nun momento no que estaba con outros proxectos abertos. Resultou complicado lograr ese punto, en que o público non vise sobre as táboas ao Touriñán que coñece e si ao personaxe.

Ser un personaxe coñecido convírtese nunha ventaxa ou nun handicap á hora de escoller novos papeis?

Para min resulta sempre unha ventaxa que me coñezan, tamén un reto engadido para que o público o esqueza cando entre ao teatro. Sei que hai moitos que chegan esperando ver ao Touriñán da tele, pero o que descobren tamén lles gusta. É outra das miñas facetas.n

Contenido patrocinado

stats