Restauran unha canteira de áridos en Salvaterra

comarcas

A segunda vida de Mina Urxeira, será reconvertirla en infraestruturas empresariais para integrala na Plisan

redacción. vigo comarcas@atlantico.net

Publicado: 14 nov 2016 - 10:46 Actualizado: 15 nov 2016 - 11:08

Obras na Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves, Plisan.
Obras na Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves, Plisan.

nnn O concello de Salvaterra do Miño está acollendo un proxecto pioneiro de restauración dunha canteira de áridos, xa que o espazo xa escavado e aproveitado de Mina Urxeira estase a reconverter nunha zona de construcións de carácter industrial e empresarial no marco da plataforma loxística Plisan, situada entre os concellos de Salvaterra e As Neves. A principal novidade desta iniciativa de recuperación dos terreos de mina, habitual en todas as canteiras galegas en base á filosofía de minaría responsable e sostible, radica no destino final dos espazos restaurados tras a labor mineira, xa que adoitan adicarse a espazos naturais. Deste xeito, o proxecto de Áridos de Salvatierra introduce unha importante innovación en España, e con poucos casos en Europa, ao outorgar unha segunda vida útil industrial a unha canteira.

Este caso é un máis dos que se están a desenvolver en Galicia, xa que ata unha decena de proxectos de restauración ambiental de actividades extractivas galegas por parte dos membros da Asociación Galega de Áridos (Arigal) están a recuperar para a sociedade espazos excavados que acadan unha nova función destinada ao agro, a industria, os servizos e o lecer.

Así, e con accións tan significativas como a premiada lagoa de Begonte, o lago das Pontes ou a construción do Pazo da Ópera da Coruña nunha canteira, entre outros exemplos, as firmas galegas de áridos apostan por unha segunda vida útil para os espazos escavados e, no caso de Mina Urxeira, optouse por reconvertirlos en infraestruturas empresariais para integralos na Plisan.

Ata unha decena de iniciativas dos socios de Arigal converten os espazos escavados en lugares cunha segunda vida útil para o agro, a industria, os servizos e o lecer.

O sector extractivo contribúe con accións medioambientais ao beneficio da cidadanía baixo a filosofía de minería sostible e responsable, polo que se sitúa á cabeza de Europa en rehabilitacións ambientais de espazos afectados polo aproveitamento de recursos minerais naturais. n

Contenido patrocinado

stats