Resistencia viguesa nas Nadaliñas
O Legado Activo Beiras Cal compartíu un mes de felicitacións en galego cando non era unha lingua permitida
O Legado Activo Beiras Cal (LABC) propuxo este Nadal un recoñecemento aos que dignificaron o galego, utilizándoo para felicitar o Nadal nos anos 50 e 60, décadas nos que estaba prohibido o seu uso na vida pública. O matrimonio do oftalmólogo Antón Beiras y da pedagoga Antía Cal estaba afincado en Vigo e na súa rede social amosa un retrato dunha cidade xa desaparecida.
Na súa correspondencia aparece a empresa Coribasa, promotora do edificio Rías Baixa de Coruxo, fronte á praia de Calzoa. O inmoble foi inaugurado polo ministro Manuel Fraga Iribarne. Os seus responsables, José Samuel, Ildefonso Roberes e Fernando Urcera escolleron unha ilustración de V. Cores y uns versos de Rosalía de Castro, “Viúvas de vivos e mortos”, en “Follas Novas” para felicitar as festas.
A libraría anticuaria Monterrey, afincada en Vigo e xa desaparecida, tamén asina una nadaliña dirixida á familia Beiras Cal en 1961. É un texto de Álvaro Cunqueiro sobre os milagres de San Barandán cun gravado de Wolfang.
Cando se fala da defensa do galego en Vigo dende o ámbito empresarial sempre está presente a editorial Galaxia. Neste caso, aportan dúas postais. En 1955 faino cunha imaxe de Pimpinela, de “Os vellos non deben namorarse”, de Castelao e en 1962 bota man dos versos de Celso Emilio Ferreiro, “Agardarei polo albor dun novo día”, do poemario “Longa noite de pedra”, publicado nese ano: “Co desexo dun bo 1963 e un gran Nadal para a nosa terra”, recolle.
Tamén escolle ao poeta de Celanova Gráficas Numen, de Xoán Noia en 1963, outro exemplo de empresas comprometidas co galego. Quen fora concelleiro do Partido Galeguista da Guarda, na guerra estivo na cadea de Tui, escapado nos montes e fuxido en Venezuela. Ao seu regreso, fundou en Vigo a imprenta na que imprimiron libros prohibidos.
O círculo intelectual e artístico do galeguismo
O pintor marinense Manuel Torres, a familia Álvarez Cáccamo, o pai do actual cónsul de Venezuela en Vigo ou o Doutor Soneira forman parte do círculo intelectual e galeguista, vencellado a Vigo, que mantiveron correspondencia en nadal coa familia Beiras-Cal. Sorprende que o artista Torres non fixera uso de ningunha ilustración na súa postal. O que fora mestre en Canido só enviou un romancede bos desexos. Máis reivindicativa é a felicitación dos Álvarez Cáccamo en 1958 cunha imaxe da escultura románica de San Salvador. Trátase dun vestixio da antiga igrexa de Santiago de Vigo. Hoxe exposta no Museo Arqueolóxico Nacional, polo que o seu retorno é unha reivindicación histórica da cidade.
A importancia da docencia e a familia
O vencello de Antía Cal, fundadora da escola Rosalía de Castro, coa docencia queda ben representado nas nadaliñas. Un exemplo é o debuxo escollido para felicitar 1961, asinado por unha alumna Belén Cabaleiro, localizada tras a súa publicación en Atlántico. Cal logroulle contaxiar o amor pola docencia e actualmente é profesora de matemáticas no Martin Codax. Dorothy, a profesora de inglés na escola, tamén está incluida nesta primeira selección do arquivo LABC, vencellando o galego co inglés e co Reino Unido. A correspondencia cos fillos internos en Inglaterra une máis este lazo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas