‘Repunantas’, o berro punk dunha parella sentimental e artística
O Museo do Mar acollerá hoxe un espectáculo singular, “Repunantas”, as punkis da literatura galega.
Xunta a poesía coa música, pero tamén co teatro e co humor. Ao fronte, unha parella artística e sentimental, Inma López Silva e Francisco Castro, que transmite a súa química ao escenario. “Para ser escritora en Galicia hai que ser moi punki, unha repunante que sexa capaz soportar os atrancos e os machismos que se vai a atopar”. López Silva fala con coñecemento de causa, xa que coma o seu partener, ten varios títulos publicados. Durante o espectáculo farán un percorrido dende María Balteiro, soldadeira galega do século XIII, ata a autoras da actualidade. “Fuximos da típica declamación poética, eu recito e canto algúns temas musicalizados, acompañados por Fran”. Así, a poesía intercálase con cantigas como cando interpretan a poesía de María do Cebreiro,“Amar a Che Guevara”, de Queizán ou o rap de Chus Pato.
A comicidade roza o xénero clown. Castro atavía a súa testa con distintos complementos para meterse na pel a distintos personaxes que representan os prototipos de “machirulos”. “As escritoras aínda teñen que seguir sendo repunantas, no noso alegato final convidamos a ser moi punki”. A preparación do show foi divertido, pero tal e como confesa a artista, levalo a escena é moito mellor: “Permítenos improvisar e como nos entendemos tan ben, sae moi natural”. Recoñece que traballar en parella achégalles unha complicidade que aproveitan sobre o escenario. “Facemos chiscadelas moi caseiras e deixámolos no aire, aos que saben que estamos xuntos failles grazas e os que non, quedan coa dúbida”.
En Vigo finaliza a xira. A cita é ás 18 horas, con entrada gratuíta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Trainerillas
Chapela lleva cuatro barcos a Cantabria
Fútbol | Primera Federación
El Celta B busca acabar segundo en Barakaldo