‘Reixaterapia’, unha filosofía incluida no libro de Antón Patiño
vigo
O pintor presentou a súa última publicación na que aborda pegadas vitais na súa vida nas que tamén está o líder dos Resentidos
nnn Memoria, ensaio, soño, crónica, relato e reinvención. Todo ten cabida no “Libro dos lugares 2” (editorial Elvira), a última aventura literaria de Antón Patiño. Pequenos textos independentes conforman un compendio de cerca de 500 páxinas que teñen en común a Antón Patiño, “pero tamén ao meu pai e a Librouro, que deixan a súa esencia a longo do libro”, apunta o autor, que onte presentou a publicación en Vigo apadrinado por Antón Reixa, quen tamén aparece nos escritos.
“Amais de ter una presenza intermitente como a experiencia compartida na ruta do románico, adícolle un capítulo, ‘Reixoterapia’, onde trato da video-retranca”. Así Patiño escolleuno como mestre de cerimonias, seguindo a estela do primeira entrega de 2018 que tivo presentadores salientables como Manuel Rivas, Xina Vega, Alfonso Armada, Antón Lopo ou Estíbaliz Espinosa, esta última asina o actual limiar: “Nesta ocasión é importante ler esta introducción porque da moitas claves para entender os textos”, apunta o autor.
Nunha edición coidada, mimada e editada con esmero, Antón Patiño ofrece o que denomina “un libro xogo cun cento de palabras inventadas en galego”. Di que é “un libro fermoso, polo papel, a tipografía e o arrecendo, un proposta sensorial que ata ten un marcafollas para indicar que se debe ler de vagar”.
Bota a ollada atrás. Patiño recupera o concepto de memoria, a lembranza dos encontros, das experiencias, pero tamén a reflexión sobre a lingua. A diferencia do anterior, neste ten maior presenza o ‘Pretige’, a marea negra e o Nunca Máis, as cuestións ideolóxicas e a temporalidade.
Un libro único, que comeza escrito en prosa e acaba en poema, onde a narrativa é o seu punto esencial.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último