Regresa a Escola de Letras con cinco autores
LA CIUDAD AL DETALLE
No prelo da editorial Galaxia cócese unha novela de fantasía, localizada en mundos imaxinados e protagonizada por seres mitolóxicos. A súa autora, unha viguesa, participou nas dúas primeiras edicións da Escola de Letras, patrocinada pola Deputación. Onte presentouse a terceira edición con obradoiros Inma López Silva, Elvira Ribeiro, Anna Figueiredo, Diego Giráldez e Antonio García Teijeiro, baixo a dirección de Francisco Castro. “Esta escola xa pode falar dunha historia de éxito, xa que naceu na pandemia e ten conseguido por en valor a literatura, as letras, as persoas que se adican a elas, os lectores e os autores que nacen con ela”, afirmou Carmela Silva, quen tamén participou nun destos obradoiros, que recoñeceu sentir a chamada da escrita. “Como mestra acudín a un impartido por García Teijeiro e disfrutei moitísimo”. Precisamente, García Teijeiro asegurou que trala súa experiencia na Escola, “cada vez estou máis convencido de que no programa de Maxisterio hai unha eiva enorme coa literatura, non existe esta materia e hai un grande descoñecemento dos alicerces das letras”. Apuntou que “demasiada xente quere escribir sen ler”. Ofrecerá un obradorio de poesía, xénero que calificou como “a esencia da literatura”. Francisco Castro sinalou que “os que nos adicamos á literatura é o amor, e esta escola existe porque un día decidimos conxugar o verbo amar”. Indicou que a novidade deste ano é as aulas de Figueiredo, “Escribir. Xéneros, técnicas, temáticas”, a demanda dos usuarios. Hoxe, a partir das 8 horas, ábrese a inscripción para o primeiro obradoiro, o de Inma López Silva, que comeza o 8 de febreiro, con oito datas en Vigo e outras tantas en Pontevedra. O 26 de abril será a quenda de García Teijeiro en Vigo; de septembro a novembro, o de Figueiredo en Pontevedra e o de Diego Giráldez en Vigo. Finalmente Elvira Ribeiro, en Pontevedra, no mes de outubro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas