Regades participó en el 'xantar do primeiro de Maio' en Mos

condado/louriña

redacciòn mos

Publicado: 02 may 2018 - 02:06 Actualizado: 02 may 2018 - 02:07

Regades con compañeros de Mos y cargos del PSOE en la comarca.
Regades con compañeros de Mos y cargos del PSOE en la comarca.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra, David Regades, participou onte na tradicional xuntanza dos socialistas de Mos, xunto co secretario de Organización do PSdeG-PSOE da provincia, Luis Piña, ademais de outros cargos da comarca e da agrupación local.

David Regades -antes deste xantar da agrupación local do PSOE de Mos para celebrar o Primeiro de Maio-, destacou , que é necesaria máis ca nunca unha alianza cos sindicatos “tal e como facemos alí onde gobernamos os socialistas”, e reclamou, que este ano 2018 ten que ser un fito na historia do noso país onde academos un cambio na nosa sociedade ata un novo modelo social máis xusto, democrático e igualitario. E subliñou tamén que este cambio tense que producir da man da loita das mulleres polos seus dereitos. “Tócanos avanzar na defensa de traballos dignos e pola eliminación da fenda salarial entre homes e mulleres”.

Contenido patrocinado

stats